José Amor Vázquez

hispanista galego

José Amor Vázquez, nado en Ribadeo o 28 de setembro de 1921 e finado en North Providence (Rhode Island) o 5 de febreiro de 2018,[1] foi un hispanista galego.

Infotaula de personaJosé Amor Vázquez
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de febreiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
North Providence, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Latino-americana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , hispanista , escritor , especialista en literatura Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 30980

Traxectoria editar

Sobriño de Jesús e Juan Vázquez Gayoso. Antes de facer un ano, a familia marchou a Cuba, onde permaneceron ata que José fixo os oito anos. Regresaron a Ribadeo onde viviron cinco anos ata que o seu pai, que era xuíz, foi trasladado á Coruña. José fixo alí os estudos secundarios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a familia marchou ao exilio. Chegou a Cuba en 1937, e matriculouse na Universidade da Habana doutorándose en Leis, Filosofía e Letras e Ciencias Políticas e Económicas en 1944. En Cuba foi militante antifranquista, pertenceu ao Comité Universitario Pro-República Española e ao Círculo Republicano Español e tivo relación coa Loxa Masónica Washington da Habana. Exerceu como avogado e marchou a Venezuela.

Despois pasou a Estados Unidos onde traballou como profesor de Estudios Hispánicos durante cincuenta anos na Brown University. Foi fundador e director do Centro de Estudios Latinoamericanos, profesor honorario da Asociación Internacional de Valleinclanistas, membro numerario da Academia Norteamericana da Lingua Española e correspondente da Real Academia Española.

Recoñecementos editar

  • Gran Encomenda da Orde de Isabel a Católica.
  • Medalla de Honra da Biblioteca John Carter Brown.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar