José Adolfo López Menéndez

futbolista asturiano

José Adolfo López Menéndez, nado en La Felguera o 21 de outubro de 1948, foi un futbolista asturiano máis coñecido como Dolfi, que xogaba na demarcación de dianteiro.

José Adolfo López Menéndez
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1948
Lugar de nacemento La Felguera
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou xogando no equipo xuvenil do Cruz Blanca CF da súa vila natal, de onde pasou ao Real Oviedo da mesma categoría en 1965, a partir de aí xogou varias tempadas cedido, primeiro na Cultural Leonesa e despois na Unión Popular de Langreo, porén non tivo sorte e as lesións impedíronlle ter continuidade. Ao remate das cesión volveu ao filial do Oviedo, chegando a debutar co primeiro equipo con moi bos resultados.

Estas boas condicións fan que, unha vez realizado o servizo militar no Sáhara Occidental, o fiche o Celta de Vigo a comezos da tempada 1971/72, recentemente clasificado para disputar a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia.

Debutou co Celta o 2 de xaneiro de 1972 ante o RCD Espanyol, pero non chegou a contar coa confianza do adestrador Juan Arza, xogando so cinco encontros. Ao ano seguinte coa chegada do técnico arxentino Pedro Dellacha contou con máis peso no equipo, porén sería o seu último ano en Vigo, descartado polo novo adestrador céltico Aretio.

Despois de xogar no Celta, Dolfi pasou polo Real Jaén, Club Deportivo Eldense, Algeciras CF e no Zamora CF.