Jorge Cadaval

humorista español

Jorge Alejandro Cadaval Pérez, nado en Sevilla o 8 de outubro de 1960, é un humorista español, membro do dúo Los Morancos, xunto co seu irmán César.

Infotaula de personaJorge Cadaval

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalCésar Cadaval: Los Morancos Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKen Appledorn (2016–)
Ken Appledorn (2007–)
IrmánsCésar Cadaval Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0128062 Instagram: jorgecadaval Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Actuación de «Antonia»

Fillo de Juan Cadaval López (representante nas xiras de Antonio Machín) e da súa esposa, María Pérez Montané (falecida o 16 de xaneiro de 2015 aos 83 anos). Ten ascendencia galega por parte paterna, xa que seu bisavó era natural de Santa María de Tebra, en Tomiño.[1] Foi o cuarto de seis irmáns, sendo os outros Juan, Diego, Carlos, César e Maite.[2]

A súa carreira artística está vencellada á do seu irmán César, desde que decidiron formar o dúo cómico Los Morancos. Tras percorrer os pobos de Andalucía, alcanzaron a popularidade a través de televisión desde mediados dos anos oitenta. Especial repercusión tiveron as súas parodias que tentaban reflectir -desde unha visión humorística- a realidade social das clases máis desfavorecidas da súa Andalucía natal. As personaxes interpretadas por Cadaval como a solteirona esaxerada Antonia ou Belén Esteban, xunto con outros recreados polo seu irmán César, fixéronse especialmente populares.

Apareceron por primeira vez en televisión no programa Un, dos, tres... do 17 de febreiro de 1984, dedicado ás revistas do corazón, como personaxes secundarios nun sketch protagonizado por Analía Gadé e Forges. Mais o seu salto definitivo á fama non chegou ata uns meses despois, na gala de fin de ano de TVE, Viva 85, onde realizaron unha parodia do flamenco en inglés que lles serviu de impulso nacional.[3][4]

Fixéronse fixos no concurso televisivo Un, dos, tres... no ano 1985. As súas caricaturas de personaxes famosos sumáronse ás que elaboraban da súa propia colleita e que se fixeron famosas en pouco tempo. En 1989 e 1990 pasaron polo programa de entretemento Pero ¿esto qué es? onde participaban como cómicos parodiando personaxes famosos cunha duración aproximada de 10 a 15 minutos.

En 1992 adentráronse no cine, participando no filme Sevilla Connection turvina's, onde tamén exerceron como guionistas.[5] En 1993 asinaron un contrato con Televisión Española para producir algúns programas e especiais que sempre tiveron un grande éxito de audiencia. As súas actuacións en teatros tamén foron numerosas. Nas festas de Nadal de 1999 e 2000 realizaron varias funcións no Teatro Imperial de Sevilla, enchendo a capacidade na súa totalidade.

A todo isto hai que engadir a súa colaboración en programas radiofónicos como Protagonistas, de Luis del Olmo, en cuxo programa imitaban con frecuencia ao presentador. Neste programa tamén parodiaron os seus personaxes máis famosos, Antonia e Omaíta, pero apenas tiveron éxito recoñecido.

A parodia de Antonia e Omaíta chegou ao seu apoxeo na serie El Retorno de Omaíta de Televisión Española, onde se estrearon novos personaxes dirixidos ao público infantil como Kiki (Santiago de los Reyes), Juanillo (Nicolás López), e Saray (Azahara María Urbano).

Os seus programas semanais estiveron sempre en horario de máxima audiencia, facéndose familiares, repetitivos e diarios nas televisións de España.

A súa versión da canción da banda moldova O-Zone " Dragostea din tei", á que chamaron "Marica tú" fíxose famosa en moitos países de América Latina, en particular en Colombia, México, Perú, Arxentina, Porto Rico, Cuba e Chile. A letra reivindicativa e o retrouso "Fiesta, fiesta, y pluma, pluma gay" fixeron da versión unha especie de himno gay internacional.

En 2020 presentou a cuarta tempada de El paisano, en TVE.[6]

Vida persoal editar

Casou en outubro de 2007 co actor estadounidense Ken Appledorn.[6]

Recoñecementos editar

En 2021 recibiu xunto co seu irmán César, a Medalla de Andalucía.[5]

Notas editar

  1. "Los Morancos: “Para hacer humor hay que saber reírse de uno mismo”". El Ideal Gallego (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  2. Núñez, Jaime (26 de setembro de 2021). "Estos son todos los hermanos de Los Morancos y que no sabías que existían" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  3. "Así fueron los divertidos inicios de 'Los Morancos' hace más de 40 años: "La esencia no ha cambiado"". laSexta (en castelán). 22 de novembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  4. "¿Quién es mayor de Los Morancos? La edad de Jorge y Cesar Cadaval, sus parejas y sus otros hermanos". Europa FM (en castelán). 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Los Morancos reciben "contentísimos" la Medalla de Andalucía: "No hemos perdido nunca nuestro sello de identidad"" (en castelán). 23 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 López, Juanra (22 de abril de 2020). "Jorge Cadaval y Ken Appledorn: 19 años de amor y un excelente momento profesional" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar