Jordi Sebastià

político español

Jordi Sebastià i Talavera, nado en Burjassot o 23 de novembro de 1966, é un político, escritor, xornalista e profesor universitario valenciano.

Modelo:BiografíaJordi Sebastià

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Burjassot, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Compromís

1 de xullo de 2014 – 9 de outubro de 2016 – Florent Marcellesi (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: España
Alcalde de Burjassot
11 de xuño de 2011 – 7 de xuño de 2014
← José Luis Andrés i ChavarríasRafael García García →
City councillor of Burjassot (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Burjassot Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, mestre, tradutor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloc Nacionalista Valencià Editar o valor en Wikidata
Membro de

Páxina webjordisebastia.eu Editar o valor en Wikidata
Twitter: sebastia_jordi BNE: XX1409334 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en filoloxía. Elixido concelleiro da súa cidade natal en 1999 polo Bloc Nacionalista Valencià, dende 2003 exerceu como o seu voceiro na corporación municipal e asemade dende 2004 é profesor de xornalismo na Universidade de Valencia.

Logo dos resultados das eleccións municipais de 2011 que deron unha maioría de esquerdas, converteuse en alcalde o 11 de xuño de 2011 co apoio do PSPV - PSOE e mais de Equerra Unida.[1]

O 21 de marzo de 2014 Compromís elixiuno o seu candidato ás eleccións ao Parlamento Europeo en 2014 nunhas primarias abertas nas que logrou o 48,6% dos votos contra outros catro candidatos[2]. Encabezou logo a coalición Primavera Europea, que logrou un deputado, converténdose Sebastià no primeiro eurodeputado de Compromís [3].

Como escritor publicou a novela Un assumpte de perifèria en 1999, que xira en torno ao xornalismo [4] e o libro de relatos Atzucacs en 2009. No campo do ensaio publicou El parany cosmopolita. Una mirada a les arrels ideològiques de la globalizació ( 2004 ), sobre o proceso de globalización afirmando que o cosmopolitismo é un concepto exclusivo de Occidente que se está a empregar actualmente "como unha coartada para a uniformidade planetaria que Occidente puxo en marcha e que neste momento recibe o nome de globalización" [5] [6]. Esta publicación creou unha certa controversia, recibindo críticas moi eloxiosas e outras moi negativas, mesmo con cualificacións de antioccidental [6]

Escribiu tamén libros xornalísticos como La conquesta del vent (2004), La bellesa industrial (2007) e La dignidat i l'aixada (2010). Como xornalista, especializouse en reportaxes sociais e gañou o premio Laia González con Murir al carrer, unha reportaxe sobre os meniños da rúa brasileiros e o Ramon Barnils con El president, la fallera, l'horta i la carretera, denunciando o tráfico de influencias e a súa relación co urbanismo valenciano, concretamente sobre a horta de Burjassot. En 2013 escribiu para a ONG Fundació Fontilles o libro-reportaxe Llàgrimes de cotó, de pols i de silenci, sobre as mulleres con lepra na India . [7].

En 2008 gañou o premio de narrativa curta Josep Pasqual Tirado da Deputación de Castellón pola obra Atzucacs [8].