Joni Nyman
Joni Nyman, nado en Pori o 5 de setembro de 1962, é un ex-boxeador finlandés, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, onde caeu derrotado en cuartos de final.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1962 (61 anos) Pori, Finlandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Deporte | Boxeo |
Participou en | |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
Traxectoria editar
Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, na categoría do peso wélter, derrotando sucesivamente ao camerunés Georges-Claude Ngangue, ao irlandés Kieran Joyce e ao xamaicano Dwight Frazer, ata que caeu derrotado en semifinais contra o surcoreano An Young-su, regresando a Finlandia coa medalla de bronce.[1] Catro anos despois, nos Xogos Olímpicos de Seúl, eliminou ao galego-canadense Manny Sobral, ao sueco Sören Antman e ao zambiano Dimus Chisala, e foi derrotado nos cuartos de final contra o estadounidense Kenneth Gould.[2]
Posteriormente tivo unha carreira como boxeador profesional, obtendo 15 vitorias e seis derrotas.[3]
Notas editar
- ↑ "Boxeo nos Xogos Olímpcios de 1984 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ "Boxeo nos Xogos Olímpicos de 1988 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ "Carreira como profesional de Joni Nyman". boxrec.com (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2021.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do boxeador no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do boxeador en olympedia.org (en inglés).