Jonathan Ke Quan
Jonathan Luke Ke Huy Quan (en vietnamita: Quan Kế Huy, nado en Saigón o 7 de agosto de 1971, é un actor estadounidense nado en Vietnam.[1] É coñecido polas súas aparicións nos filmes da década de 1980 Indiana Jones e o templo maldito[2] e Os Goonies.[1]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1971 (53 anos) Cidade Ho Chi Minh |
Datos persoais | |
Residencia | Alhambra (pt) Woodland Hills |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Vietnam do Sur |
Educación | Universidade do Sur de California USC School of Cinematic Arts (en) Alhambra High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor , taekwondista , actor de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Lingua | Lingua inglesa, lingua cantonesa, Lingua vietnamita e mandarín |
Deporte | Taekwondo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
|
Traxectoria
editarQuan naceu en Saigón, Vietnam do Sur. Foi obrigado a abandonar o seu país cando as Forzas Armadas da República de Vietnam foron derrotadas durante a Caída de Saigón. A súa familia foi escollida para o asilo político e inmigraron ós Estados Unidos. Converteuse en actor infantil, e con 12 anos protagonizou xunto con Harrison Ford o filme Indiana Jones e o templo maldito. Despois de formar parte do elenco, a súa familia cambiou o seu nome a Ke Huy, o nome no que é acreditado no filme.
En 1985, co-protagonizou Os Goonies intepretando a Richard "Data" Wang. En 1986, apareceu no filme xaponés "Passengers" (Norimono) xunto coa cantante Honda Minako. Fixo o papel de Sam na serie de televisión de curta duración Together We Stand (1986–1987) e a Jasper Kwong en Head of the Class entre 1989 e 1991. Tamén protagonizou Breathing Fire (1991) e fixo un cameo en Encino Man (1992). Tamén apareceu no filme chinés Second Time Around a carón de Ekin Cheng e Cecilia Cheung.
Vida persoal
editarAsistiu a Mount Gleason Jr. High en Tujunga, California e a Alhambra High School en Alhambra, California. Despois do instituto, graduouse na Universidade do Sur de California na Escola de Artes Cinematográficas. Posteriormente, asistiu á Universidade de Manchester, no Reino Unido.[3] Fala con fluidez vietnamita, cantonés, mandarín e inglés.
Estudou taekwondo con Philip Tan na rodaxe de Indiana Jones e o templo maldito, e máis tarde con Tao-liang Tan.[4] Traballou como coordinador de especialistas en X-Men[5] e The One como asistente do coreógrafo de loita Corey Yuen.[3]
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1984 | Indiana Jones e o templo maldito | Tapón | Young Artist Award |
1985 | Os Goonies | Data Wang | |
1991 | Breathing Fire | Charlie Moore | |
1992 | Encino Man | Kim | |
2002 | Second Time Around | Sing Wong |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Ke Huy Quan". The New York Times.
- ↑ Canby, Vincent (23 de maio de 1984). The New York Times, ed. "Indiana Jones and the Temple of Doom".
- ↑ 3,0 3,1 http://www.nowmagazine.co.uk/celebrity-news/whatever-happened-to-the-kid-short-round-from-indiana-jones-and-the-temple-of-doom-301453
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 05 de xaneiro de 2016.
- ↑ The New York Times (ed.). "Jonathan Ke Quan".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)