Jon Garaño
director de cinema vasco
Jon Garaño, nado o 18 de novembro de 1974 en Ergobia, barrio de Astigarraga, Guipúscoa, é un director de cine, guionista e produtor vasco.[1]
Jon Garaño | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de novembro de 1974 |
Lugar de nacemento | Ergobia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema, guionista e montador |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Xornalismo e Publicidade na Universidade do País Vasco e Cine na aula de Cine Sarobe de Urnieta. Dirixiu varias curtametraxes en vídeo e tamén desempeñou diferentes funcións en diversas producións. En 2001 fundou, xunto con outros compañeiros, a produtora Moriarti, na que traballou como director e guionista en numerosos proxectos audiovisuais.[2]
FilmografíaEditar
CinemaEditar
- Sahara Marathon (documental), 2004
- On the Line, 2008
- 80 egunean, 2010
- Perurena, 2010
- Loreak, 2014
- Handia, 2017. Filme gañador de dez Premios Goya.[3]
- La trinchera infinita, 2020
CurtametraxesEditar
- Despedida, 2001
- Miramar Street, 2006
- FGM (curta documental), 2008
- Asämara, 2009
- El método Julio, 2010
- Urrezko Eraztuna, 2011
- Renovable, 2016
NotasEditar
- ↑ Ficha de Jon Garaño en www.filmotecavasca.com Arquivado 19 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ ≪La pequeña productora que nació en una escuela de cine≫, en www.elmundo.es. (29/09/2015).
- ↑ Handia nos Premios Goya.