Johnny Weissmüller

(Redirección desde «Johnny Weissmuller»)

Peter Johann Weißmüller, coñecido como Johnny Weissmüller, nado en Freidorf (entón no Imperio Austro-Húngaro) o 2 de xuño de 1904 e finado en Acapulco (México) o 20 de xaneiro de 1984, foi un nadador e actor estadounidense.

Johnny Weissmüller
Información persoal
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacemento2 de xuño de 1904
Freidorf, Reino de Hungría
Falecemento20 de xaneiro de 1984
Acapulco, Guerrero
Alma materLane Technical College Prep High School
Cónxuxe(s)Bobbe Arnst, Lupe Vélez, valor descoñecido, valor descoñecido e valor descoñecido
Deporte
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
DeporteNatación
Na rede
https://johnnyweissmuller.com
IMDB: nm0919321 Allocine: 21850 Rottentomatoes: celebrity/johnny_weissmuller Allmovie: p75337 TCM: 203814 TV.com: people/johnny-weissmuller
Discogs: 1316107 Olympic.org: johnny-weissmuller WikiTree: Weißmüller-1 Find a Grave: 3116 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para Estados Unidos de América Estados Unidos:
Xogos Olímpicos
Ouro París 1924 100 m estilo libre
Ouro París 1924 400 m estilo libre
Ouro París 1924 4 x 200 m estilo libre
Bronce París 1924 Waterpolo
Ouro Ámsterdan 1928 100 m estilo libre
Ouro Ámsterdan 1928 4 x 200 m estilo libre

Traxectoria editar

Nado na Romanía no seo dunha familia de orixe xudía-asquenací, moi axiña a súa familia emigraría a Windber, EEUU, onde máis adiante conseguiría a nacionalidade norteamericana.

Excelente nadador, comezou a súa práctica deportiva con 15 anos, sendo naquela época o seu adestrador Big Bill Bagrach. Axiña destacou como gran nadador, chegando o 9 de xullo de 1922 a bater a marca do mundo dos 100 m libres cun tempo de 58,6 segundos, baixando así por primeira vez do minuto, e dos 400 libres con 4 minutos e 57 segundos no ano 1923, baixando dos cinco minutos. Participa nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Xogos Olímpicos de Ámsterdam 1928 e conseguiu un total de cinco medallas de ouro en 100 e 400 m libres e 4 x 200 nos de 100 m e 4 x 200 respectivamente, batendo novamente as súas propias marcas. Será precisamente nos Xogos Olímpicos de París 1924 onde ademais participou no torneo de wáter-polo conseguindo a medalla de bronce. En toda a súa carreira alcanzou 52 veces o posto de campión dos Estados Unidos, e 67 marcas mundiais.

Tarzán editar

Axiña a Metro-Goldwyn-Mayer interésase nel para interpretar o personaxe de Tarzán no cine. A primeira película foi Tarzan the Ape Man (1932), adaptación da novela de Edgar Rice Burroughs, á que seguirían vinte e tres máis, entre elas Tarzan and His Mate (1934), Tarzan Escapes (1936), Tarzan Finds a Son! (1939), O tesouro secreto de Tarzán (1941), Tarzan's New York Adventure (1942) e Tarzan and the Mermaids (1948). Tamén foi protagonista, dende 1948, da serie para televisión Jungle Jim.

Chegou a contraer matrimonio un total de cinco veces: coa cantante Bobby Arnst, coa actriz Lupe Vélez e con Beryel Scott Ginter, Allenne Gates e Maria Brock Mandel. Tras dous derrames cerebrais entre 1976 e 1978, estableceu a súa residencia definitiva en Acapulco, onde logo de diversas desavinzas morreu á idade de 79 anos.