John Redmond

político irlandés

John Edward Redmond ou Seán Mac Réamainn en irlandés, nado en Kilrane (Condado de Wexford, Irlanda) o 1 de setembro de 1856 e finado en Londres (Inglaterra) o 6 de marzo de 1918, foi un político nacionalista irlandés, barrister, deputado na Cámara dos Comúns e líder do Partido Parlamentario Irlandés entre 1900 e 1918.

Infotaula de personaJohn Redmond

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Condado de Wexford Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Dublín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt. John's Cemetery Wexford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do 30º Parlamento do Reino Unido
3 de decembro de 1910 – 6 de marzo de 1918 (finado no cargo)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 29º Parlamento do Reino Unido
15 de xaneiro de 1910 – 28 de novembro de 1910 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 28º Parlamento do Reino Unido
12 de xaneiro de 1906 – 10 de xaneiro de 1910 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 27º Parlamento do Reino Unido
1 de outubro de 1900 – 8 de xaneiro de 1906 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 26º Parlamento do Reino Unido
13 de xullo de 1895 – 17 de setembro de 1900 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 25º Parlamento do Reino Unido
4 de xullo de 1892 – 8 de xullo de 1895 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 24º Parlamento do Reino Unido
23 de decembro de 1891 – 28 de xuño de 1892 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Waterford City (en) Traducir

Membro do 24º Parlamento do Reino Unido
1 de xullo de 1886 – 22 de outubro de 1891 (renúncia (pt) Traducir)

Circunscrición electoral: North Wexford (en) Traducir

Membro do 23º Parlamento do Reino Unido
24 de novembro de 1885 – 26 de xuño de 1886 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: North Wexford (en) Traducir

Membro do 22º Parlamento do Reino Unido
31 de xaneiro de 1881 – 18 de novembro de 1885 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: New Ross (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónClongowes Wood College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , Barrister Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Parlamentario Irlandés Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosWilliam Redmond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Archer Redmond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Redmond-1291 Find a Grave: 6906338 Editar o valor em Wikidata
John Redmond contra o 1916.

Xuventude editar

Nacionalista desne pequeno, seu pai foi un activista da causa irlandesa. Foi ducado en colexios xesuítas e posteriormente estudou Dereito. Involucrado na política polo seu pai, en 1880 foi elixido parlamentario en representación do Partido Parlamentario Irlandés. Foi un forte opositor á política nacionalista violenta que algúns propugnaban, defendendo a postura do Home Rule, unha limitada forma de autogoberno para Irlanda proposta polo Reino Unido.

Líder do Partido Parlamentario Irlandés editar

A partir de 1891 liderou a facción pro-Parnell do partido, logo da morte deste último; e cando o partido se reunificou en 1900, foi elixido como o seu presidente. A súa loita por establecer que o Home Rule fora aprobado estendeuse ata 1911, cando o parlamento británico aprobouno logo de catro proxectos fracasados. Con todo, esta situación foi fortemente rexeitada polos irlandeses protestantes, que temían ao dominio dun estado católico e un desequilibrio da situación económica debido ao carácter predominantemente agrícola de Irlanda.

A súa ameaza de oprse pola violencia, que coincidía cos irlandeses católicos máis radicais en non aceptar esta política moderada, levaron a que o Reino Unido reformulara o Home Rule e dividira Irlanda en zonas católicas e protestantes. Estas últimas seguirían gobernadas polos británicos por un tempo determinado. Aínda que se opuxo a este cambio, Redmond e o seu partido o aceptaron, pensando que sería algo temporal. Porén, o inicio da primeira guerra mundial pospuxo calquera troco ata despois do conflito. Redmond tivo a oportunidade de ser o xefe do goberno irlandés, mais o seu entusiasta apoio á participación irlandesa na guerra xunto aos británicos e o Alzamento de Pascua de 1916, sepultaron o seu liderado.

Declive político editar

Este último feito, promovido por unha minoría católica que procuraba a independencia total, e a forte represión británica -tódolos líderes do Alzamento foron executados como traidores e o alistamento no exército fíxose obrigatorio- prenderon no nacionalismo irlandés e deron unha forza inesperada ao Sinn Féin, un partido que non tivera que ver co movemento, pero que ante a opinión pública era o referente dos nacionalistas católicos. O seu líder, Éamon de Valera, xurdiu entón como o líder de Irlanda na súa loita independentista. En 1918 o Sinn Féin obtivo a maioría nas eleccións xerais e proclamou a independencia unilateral de Irlanda, establecendo a República de Irlanda.

No entanto, Redmond non acadou a vivir o colapso do partido polo cal loitara toda a súa vida. Finou en marzo de 1918 e foi sucedido na dirección do movemento por John Dillon. É considerado un heroe por moitos debido ao seu compromiso coa non violencia nun período convulsionado e moi polarizado da política irlandesa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gwynn, Stephen: John Redmond's last years, Edward Arnold pub. (1919)
  • Gwynn, Denis: The Life of John Redmond (1932)
  • Bew, Paul: John Redmond (1996)
  • O’Connor Lysaght, D. R.: The Rhetoric of Redmondism History Ireland Magazine (Spring 2003).
  • Bew, Paul: Redmond, John Edward (1856-1918), Oxford Dictionary of National Biography (2004)
  • Meleady, Dermot:. Redmond: The Parnellite. Cork University Press. ISBN 9781859184233. (2008)

Ligazóns externas editar