John Napier
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
John Napier, barón de Merchiston, nado en Edimburgo en 1550 e finado o 4 de abril de 1617, foi un matemático escocés, recoñecido por descubrir os logaritmos.
John Napier | |
---|---|
![]() John Napier. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1550 |
Lugar | Edimburgo |
Falecemento | 4 de abril de 1617 (66-67 anos) |
Lugar | Edimburgo |
Soterrado | St Cuthbert's Church, Edinburgh |
Nacionalidade | Escocés |
Cónxuxe | Elizabeth Stirling e Agnes Chisholm |
Fillos | Joan Napier, Archibald Napier, 1st Lord Napier, William Napier of Ardinmoir, John Napier, Alexander Napier, Adam Napier, Jane Napier, Elizabeth Napier, Anne Napier, Helen Napier, Margaret Napier e Robert Napier |
Actividade | |
Campo | Matemático |
Alma máter | Universidade de St Andrews |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Logaritmos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Coa redución do traballo de varios meses de cálculo a uns poucos días, o invento dos logaritmos parece ter duplicado a vida dos astrónomos.
TraxectoriaEditar
Naceu no castelo de Merchiston en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en 1563, comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por Europa. regresou a Merchiston en 1571 e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de matemáticas e teoloxía.
Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción, mentres que a súa preocupación fundamental era a exexese da Apocalipse, á que se consagrou desde a súa estadía no colexio. Froito deste labor foi a publicación Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrástica e historicamente. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as súas proposicións. Entre elas, Napier prediciu a fin do mundo para os anos 1668 a 1700. [Cómpre referencia]
En 1614 Napier publica a súa obra Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometria; ut etiam in omni logistica mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio, na que dá a coñecer os logaritmos que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Robert na segunda edición publicada en 1619.
Grazas a estes números as multiplicacións poden substituírse por sumas, as divisións por restas, as potencias por produtos e as raíces por divisións, o que non só simplificou enormemente a realización manual dos cálculos matemáticos, senón que permitiu realizar outros que sen a súa invención non terían sido posíbeis.
En 1617 apareceu a súa obra Rabdologiæ seu numerationis per virgulas libri duo: cum appendice expeditissimo multiplicationis promptuario, quibus accesit et arithmeticæ localis liber unus, na que describe o ábaco neperiano.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Montaner i Simon (1893).
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |