John Maclean
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
John Maclean, nado en 1879 e finado en 1923, foi un político escocés.
John Maclean | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de agosto de 1879 |
Lugar de nacemento | Glasgow |
Falecemento | 30 de novembro de 1923 |
Lugar de falecemento | Glasgow |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Universidade de Glasgow e Queen's Park Secondary |
Ocupación | político e mestre |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Glasgow nunha familia orixinaria das Higlands. Maclean converteuse en mestre de escola e só entón acudiu á universidade, alí desenvolveu o seu pensamento político, na certeza que só a adopción do marxismo podía liberar ás masas traballadoras das súas condicións de vida. Integrouse na Federación Social Democrática (SDF) que máis tarde deu orixe ó Partido Socialista Británico, converténdose Maclean no seu líder en Escocia.
Opúxose á primeira guerra mundial por considerala unha guerra imperialista que dividía ós traballadores. En 1915 as autoridades cesárono no seu posto de mestre e en 1916 pasou pola prisión durante un ano. Tras a revolución soviética Lenin deulle o posto de cónsul soviético en Glasgow. Cando en 1920 o PSB e outros grupos organizaron o Partido Comunista de Gran Bretaña, Maclean intentou organizar, sen éxito, un Partido Comunista Escocés.
En 1923 fundou o Partido Republicano dos Traballadores Escoceces de tendencia independentista e comunista que buscaba a implantación dunha república comunista de Escocia que herdaría a tradición do comunismo de clans celta.