John Joseph Wright

John Joseph Wright, nado o 18 de xullo de 1919 en Dorchester (Massachusetts) e finado o 10 de agosto de 1979 en Cambridge (Massachusetts), foi un cardeal estadounidense, prefecto da Congregación para o Clero dende 1969 até o seu pasamento.

Infotaula de personaJohn Joseph Wright
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1979 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHolyhood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cardeal
28 de abril de 1969 –
Bispo diocesano
23 de xaneiro de 1959 – 1 de xuño de 1969
← John Francis Dearden (pt) TraducirVincent Leonard (en) Traducir →
Roman catholic Bishop of Worcester (Massachusetts) (en) Traducir
28 de xaneiro de 1950 – – Bernard Joseph Flanagan (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Worcester (pt) Traducir
Bispo titular
10 de maio de 1947 –
Diocese: Aegeae (en) Traducir
Bispo auxiliar
10 de maio de 1947 –
Diocese: Arquidiocese de Boston (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónBoston College (pt) Traducir
Saint John's Seminary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1947–), sacerdote católico (1935–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónRichard Cushing Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 130677758 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Primeiros anos editar

John Joseph Wright naceu en Dorchester, Massachusetts, fillo de John e Harriet, de apelido de solteira Cokely. Logo de graduarse polo Boston College en 1931, entrou no seminario de St. John en Brighton. A finais do seu primeiro ano alí, foi enviado a Roma a estudar no Pontificio Colexio Norteamericano e na Pontificia Universidade Gregoriana. Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Boston o 8 de decembro de 1935,[1] polo cardeal Francesco Marchetti Selvaggiani,[2] entón cardeal vigairo de Roma.[3]

Bispo editar

O 10 de maio de 1947 o papa Pío XII nomeouno bispo titular de Aegea e bispo auxiliar de Boston.[4] Wright recibiu a ordenación episcopal o seguinte 30 de xuño, de mans do arcebispo Richard Cushing.

O 28 de xaneiro de 1950 foi nomeado bispo de Worcester, e o 23 de xaneiro de 1959 bispo de Pittsburgh.

O 23 de abril de 1969 Paulo VI nomeouno prefecto da Congregación para o Clero, e creouno cardeal no consistorio do 28 de abril de 1969 co título de Cardeal-Presbítero de Gesù Divin Maestro alla Pineta Sacchetti.

Obra editar

Libros editar

  • National Patriotism in Papal Teaching. 1942. 
  • Catholic Action Committee, Knights of Columbus, ed. (1944). The papacy and the war. 
  • R.J. Cushing, ed. (1944). The Pope and the War. 
  • Ave Maria Press, ed. (1954). Modern Lessons from an Ancient Legend. 
  • The Abbey Press, ed. (1960). The Priest and Contemporary Society. 
  • Fides, ed. (1961). Words in Pain. 
  • Prow, ed. (1964). Reflections on Conscience and Authority. 
  • Religious Needs of Patients in Institutions Caring for the Aging and Chronically Ill. 1964. 

Outras publicacións editar

  • The Religious Inspiration of Massachusetts Law: The Sermon Preached at the Red Mass, Church of the Immaculate Conception, Saturday, Oct 9, 1943. 1943. 
  • St. Catherine Labouré and the Daughters of Charity. 1948. 
  • The Philosophy of Responsibility. 1949. 
  • Spiritual Values and Political Democracy. 1951. 
  • Sullivan Bros, ed. (1958). Profile of Christ in the Church of Boston. 
  • Some Timely Reflections at Christmas. 1961. 
  • The Love of Brothers: A Sermon to Melchite Catholics. 1965. 

Distincións editar

Foi nomeado doutor honoris causa polo Boston College en 1947,[5] e pola Universidade de Dayton en 1963.

Notas editar

  1. Almagno, 1985, p. 15.
  2. John Joseph Wright; Romano Stephen Almagno (1984). Ignatius Press, ed. Mary, our hope: a selection from the sermons, addresses, and papers of Cardinal John J. Wright. p. 226. ISBN 9780898700466. 
  3. Catarina Napoleone (1999). Franco Maria Ricci, ed. Enciclopedia di Roma: dalla origini all'anno Duemila. p. 580. ISBN 9788821609466. 
  4. Almagno, 1988, p. 528.
  5. "Bishop Wright Received Honorary Degree At Convocation In Library Today". The Heights (10). 26 de novembro de 1947. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar