John Hay Beith, nado o 17 de abril de 1876 e finado o 22 de setembro de 1952, foi un soldado e escritor escocés coñecido co sobrenome artístico de Ian Hay.

John Hay Beith
AlcumeIan Hay
Nacemento17 de abril de 1876 e 1876
Lugar de nacementoRusholme
Falecemento22 de setembro de 1952 e 1952
Lugar de falecementoLiss
SoterradoCemitério de Brookwood
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterFettes College, St John's College e Lady Barn House School
Ocupaciónescritor, oficial, historiador e guionista
PremiosCruz Militar e Comandante da Orde do Imperio Británico
Na rede
IMDB: nm0067308 IBDB: 6424
Musicbrainz: e959ecb5-33ac-427e-9418-62a94439031f Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Edimburgo e educouse no Fettes College da súa cidade natal e no St. Johns College de Cambridge. En 1902 entrou como profesor auxiliar de ciencias en Durham School, máis tarde ensinou en Fettes, pasando gran parte do seu tempo libre escribindo, as súas novelas desta época novelas combinan o humor coa observación detallada. Durante a primeira guerra mundial foi un dos primeiros voluntarios en alistarse, serviu no rexemento Argyll and Sutherland Highlanders con destino en Francia desde abril de 1915. Recibiu unha medalla ó mérito militar polas súas accións de guerra. Entre 1938 e 1941 foi o director de relacións públicas da Oficina de Guerra.

En 1928 adaptou para o teatro a novela de P. G. Wodehouse A Damsel in Distress e en 1930 colaboraron xuntos na dramatización de Leave it to Psmith. Beith traballou como asesor técnico para o filme The Little American (1917) de Cecil B. DeMille e foi responsable do guión ou dos diálogos de quince filmes, entre eles dúas obras de Alfred Hitchcock, The Thirty-Nine Steps e Secret Agent.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar