John Cornford

escritor británico


Rupert John Cornford, nado en Cambridge o 27 de decembro de 1915 e finado en Lopera, Xaén, o 28 de decembro de 1936, foi un escritor e comunista británico, ademais de brigadista internacional na Guerra Civil Española.[1]

Infotaula de personaJohn Cornford
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Lopera, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónStowe School (en) Traducir
Trinity College
King's College School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, brigadista
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRachel Peters (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJames Peters Cornford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisF. M. Cornford Editar o valor em Wikidata  e Frances Cornford Editar o valor em Wikidata
IrmánsChristopher Cornford (en) Traducir, Hugh Wordsworth Cornford (en) Traducir, [Ruth] Clare Cornford (en) Traducir e Helena D. Cornford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 124212619 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Francis Macdonald Cornford, catedrático de cultura clásica na Universidade de Cambridge e de Frances Cornford, era bisneto de Charles Darwin.

Educouse en Stowe School e o Trinity College así como na London School of Economics. Antes de graduarse uniuse ao Partido Comunista de Gran Bretaña onde se atopou con outros destacados membros do Trinity, como Guy Burgess, Donald Maclean, Kim Philby e James Klugmann, así como á historiadora Margot Heinemann, da quen foi amante e a quen dedicou varios poemas. En 1933 xa era un activo membro do Partido Comunista.

Durante a guerra civil española foi recrutado na Universidade para formar parte das Brigadas Internacionais. No entanto, integrouse primeiro nas unidades do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) na Fronte de Aragón en agosto de 1936, para regresar a Inglaterra e volver de novo a España en decembro do mesmo ano, xa como membro da XIV Brigada Internacional.[2] Morreu durante unha acción durante a batalla de Lopera, onde xa falecera o día anterior Ralph Fox, na chamada Fronte de Andalucía.[1]

Recoñecementos editar

En 1999 inaugurouse en Lopera (Xaén) un monumento homenaxe a Ralph Fox, Cornford e o resto de brigadistas no centro do chamado Jardín de los poetas ingleses.[3]

Obra literaria editar

Considerado un representante do modernismo poético e o modernismo anglosaxón, os seus traballos máis coñecidos son The Last Mile to Huesca (1936) e Poems from Spain (1936).

  • Understand the Weapon, Understand the Wound: Selected Writings of John Cornford (1976) editado por Jonathan Galassi
  • Peter Stansky, William Abrahams, Journey to the Frontier; Two roads to the Spanish Civil War.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 537.
  2. The Commune de Paris Battalion, 11th International Brigade
  3. "La batalla de Lopera en la Guía Turística Time Out". Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar