Xoán I de Escocia

(Redirección desde «John Balliol»)

Xoán (II) de Balliol ou Xoán de Balliol, tamén coñecido como Xoán I de Escocia (en escocés Iain Bailiol; en inglés John Balliol) nado en 1248 e finado no Château-Gaillard en 1315. Foi de facto rei de Escocia entre 1292 e 1296. Fillo de Devorguilla de Galloway e de Xoán de Balliol.

Modelo:BiografíaXoán I de Escocia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gd) Iain Bailiol
(en) John Balliol Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1249 Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1314 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Châteaux de Hélicourt, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPicardía Editar o valor en Wikidata
Monarca de Escocia
17 de novembro de 1292 – 10 de xullo de 1296
← Margarida I de EscociaRoberto I de Escocia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónDurham School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerras de independencia de Escocia Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Balliol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabella de Warenne Editar o valor en Wikidata
FillosMargaret Balliol, Henry Balliol, Edward Balliol Editar o valor en Wikidata
PaisJoão I de Balliol Editar o valor en Wikidata  e Dervorguila de Galloway Editar o valor en Wikidata
IrmánsEleanor Balliol Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Balliol-8

Acceso ao trono

editar
 
Xoán de Balliol e a súa esposa.

Trala morte do rei Alexandre III de Escocia en 1285, Margarida “a dama de Noruega” herdou o trono escocés, circunstancia que aproveitou o rei Eduardo I de Inglaterra para intentar casar ao seu fillo Eduardo con Margarida e así anexionarse o Reino de Escocia. Antes de celebrarse a voda en 1290, Margarida morre e comezan as tensións entre as dúas liñaxes máis importantes da aristocracia escocesa (os Balliol e os Bruce). Sen acadar un acordo, o futuro Roberto I de Escocia, V Señor de Annandale, e Xoán de Balliol, descendente da filla máis vella de David. Jonh Balliol reclamou o seu dereito como neto de David; Xoán e Roberto disputáronse a coroa. Houbo enfrontamentos continuos entre as dúas familias ata que Xoán de Balliol conseguiu coa axuda de Eduardo I facerse co trono escocés, ao que accedeu co nome de Xoán I o 17 de novembro de 1292.

Reinado

editar

A partir dese momento Escocia estivo ao servizo do Inglaterra. Isto tróuxolle problemas ao seu reinado pois non podía tomar decisións sen pasar pola aprobación do rei inglés. Pouco tempo despois, en 1265, o rei Xoán buscou a alianza con Francia, aproveitando que este reino estaba en guerra con Inglaterra, polo que Escocia negou o seu exército aos ingleses para combater contra Francia, en lugar disto, preparáronse para combater contra eles, desafortunadamente Eduardo I soubo do pacto e decidiu invadir Escocia. Tras sufrir unha derrota na batalla de Dunbar, Xoán viuse forzado a abdicar e foi encarcerado en 1297 xunto co seu fillo Eduardo na Salt Tower.

Últimos anos

editar

Despois de dous anos en prisión Xoán de Balliol foi liberado, en xullo de 1299, grazas ao Papa Bonifacio VIII pero prohibíuselle regresar a Escocia e foi obrigado a negociar a paz entre Francia e Inglaterra. Baillol acordou vivir en Francia, onde tiña terras e propiedades. Aínda que nunca volveu a Escocia, o seu pobo recordábao como un precursor da guerra de Independencia de Escocia e como lexítimo rei.

Finou en 1315 en Francia e esta soterrado na Igrexa de San Waast en Bailleul-sur-Eaune.

Familia

editar

Xoán contraeu matrimonio en 1281 con Isabel de Warenne, filla de John de Warenne, VII conde de Surrey. Os seus avós paternos foron Hugo X de Lusignan e Isabel de Angulema, viúva do rei Xoán I de Inglaterra.

Xoán e Isabel tiveron dous fillos:

Predecesor:
Margarida
 
Rey de Escocia

1292 - 1296
Sucesor:
Ocupación Inglesa

(Eduardo I de Inglaterra)