Sigfrid Edström

(Redirixido desde "Johannes Sigfrid Edström")

Johannes Sigfrid Edström, nado o 21 de novembro de 1870 en Morlanda e finado o 18 de marzo de 1964 en Estocolmo, foi un enxeñeiro, industrial e dirixente deportivo sueco.

Sigfrid Edström
Sigfrid Edstrom.jpg
Nacemento21 de novembro de 1870
 Orust
Falecemento18 de marzo de 1964
 Estocolmo
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade Técnica Chalmers
Ocupaciónenxeñeiro, atleta, político e empresario
PremiosGrand Cross of the Order of the White Rose of Finland, Royal Order of Vasa, Order of the Polar Star - Commander's Grand Cross, Grand Cross of the Order of the Crown, Grand Cross of the Order of the Dannebrog, Commander of the Order of St. Olav‎, Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Officer of the Order of Orange-Nassau, Commander of the Order of the Redeemer, The Chalmers' Medal, Ordem da Estrela Polar, Order of the Crown (Belgium), Order of the Dannebrog, Orde da Rosa Branca de Finlandia, Lexión de Honra, Ordem de Santo Olavo, Ordem de Orange-Nassau e Order of the Redeemer
editar datos en Wikidata ]
J. Sigfrid Edström na portada de Hvar 8 Dag (1908).

TraxectoriaEditar

 
Sigfrid Edström, coa súa dona Ruth Randall Edström, a finais da década de 1930.

Sigfrid Edström era fillo do capitán da mariña mercante Martin Edström e de Charlotta Edström. Sigfrid graduouse en 1891 na Universidade Técnica Chalmers e continou logo os seus estudos no Instituto Técnico Federal de Zürich. Traballou en varias plantas eléctricas e entre 1897 e 1900 foi enxeñeiro dos tranvías de Zürich. Logo volveu a Suecia e foi director dos tranvías de Gotemburgo (1900-1903), e o encargado da súa electrificación. Foi director xeral da compañía eléctrica ASEA (1903-1933) e presidente do seu consello de administración (1934-1949). De 1904 a 1922 foi asemade concelleiro de Västerås. Foi un dos fundadores da Sveriges Industriförbund en 1910, e o seu presidente (1928-1929) e presidente desde a súa fundación en 1918 da Elektroindustriföreningen. Tamén participou na creación da Cámara de Comercio Internacional en 1919 e foi o seu presidente de 1939 a 1945.

De 1916 a 1939 foi presidente da Sveriges verkstadsförening e presidente da patronal Svenska Arbetsgivareföreningen (1931-42), e como tal foi un dos rsponsables da sinatura do Acordo de Saltsjôbaden cos sindicatos en 1938 que se converteu en modelo para outros acordos semellantes e que aínda está en vigor.[1]

Afervoado defensor do deporte afeccionado[2], foi membro do Comité Olímpico Internacional (1920-1952), vicepresidente desde 1937 e desde a morte de Henri de Baillet-Latour actuou como o máximo dirixente de facto do COI, tentando grazas á neutralidade de Suecia manter vivo o olimpismo[3] e o seu presidente entre 1946 e 1952, encargado de reconstruír o movemento olímpico despois da guerra.[4] Tamén foi un dos organizadores dos Xogos Olímpicos de 1912 e quen ideou o establecemento da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo[5] e o seu primeiro presidente (1913-1946). Estivo entre os fundadores da Confederación de Deportes de Suecia en 1903 e do Comité Olímpico Sueco en 1913.[6]

Edström pertenceu desde 1925 da Real Academia Sueca de Ciencias da Enxeñaría.[7]

NotasEditar

  1. Huvudavtalet. Landsorganisationen i Sverige, 11 de setembro de 2012
  2. Matthew P Llewellyn e John Gleaves (2016) The Rise and Fall of Olympic Amateurism. University of Illinois Press, 2016, 280 pp.
  3. John Grasso, Bill Mallon, e Jeroen Heijmans (2015)Historical Dictionary of the Olympic Movement 5ª ed. Rowman & Littlefield, p. 171
  4. John E. Findling e Kimberly D. Pelle (1996) Historical Dictionary of the Modern Olympic Movement Greenwood Publishing Group, p. 364
  5. Pierre Lagrue e Serge Laget (2015) Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). Encyclopaedia Universalis
  6. Singrid Edström no Grupo de investigación de historia deportiva da Gymnastik- och idrottshögskolan
  7. Edström, J. Sigfrid no Nordisk familjebok (suplemento de 1926)


Predecesor:
Henri de Baillet-Latour
 Presidente do COI 
1942 - 1946 (de facto)

1946 - 1952 (de iure)

Sucesor:
Avery Brundage