Johannes Hubschmid
Johannes Hubschmid, nado en Küsnacht, Zürich o 14 de agosto de 1916 e finado en Heidelberg, en xaneiro de 1995 foi un romanista suízo. Dedicouse á lingüística románica, en especial á lingüística histórica, a etnolingüística, a lexicoloxía, a onomástica e a etimoloxía das linguas románicas e do substrato preindoeuropeo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1916 Küsnacht, Suíza |
Morte | 6 de xaneiro de 1995 ↔ 13 de xaneiro de 1995 (78 anos) Heidelberg, Alemaña |
Educación | Universidade de Zürich Universidade de Grenoble (pt) |
Actividade | |
Ocupación | romanista |
Familia | |
Pai | Johann Ulrich Hubschmied |
Traxectoria
editarEstudou lingüística románica e indoeuropea, entre 1935 e 1942, nas universidades de Zürich e Grenoble. Foi discípulo, na Universidade de Zürich, de Jakob Jud, A. Steiger e M. Leumann. De 1944 a 1952 traballou no Servizo Federal de Topografía.[2] Posteriormente, foi profesor das universidades de Berna e Heidelberg. A partir da década de 1950 publicou diversos estudos sobre os elementos preindoeuropeos, principalmente nas linguas románicas. Investigou tamén o vasco e ocupouse da metodoloxía na investigación etimolóxica e a toponimia prerromanas. Colaborou en publicacións especializadas como Revista de Filoloxía Románica da Universidade de Berna, Vox Romanica, Revista Internacional de Onomástica, Etimologija de Moscova, Eusko Jakintza, Enciclopedia Lingüística Hispánica e outros.[3]
Obra
editar- Praeromanica. Studien zum Vorromanischen Wortschatz der Romania mit besonderer Beriicksichtung der franko provenzalischen und provenzalischen Mundarten der Westalpen. Berna, Verlag A. Francké, 1949. (Romanica Helvetica, vol. 30.)
- Vorindogermanische und jüngere Wortschichten in den romanischen Mundarten der Ostalpen, mit Berücksichtigung der ladinisch-bayrisch-slowenischen Lehnbeziehungen "Zeitschrift für romanische Philologie" vol. 66 (1950) p. 1-94.
- Studien zur iberoromanischen Wortgeschichte und Ortsnamenkunde. Lisboa, Istituto Camões: "Boletím de Filología" vol. 12 (1951) p. 117-156.
- Sardische Studien. Das mediterrane Substrat des Sardischen, seine Beziehungen zum Berberischen und Baskischen sowie zum eurafrikanischen und hispano-kaukasischen Substrat der romanischen Sprache. Berna, A. Francke AG., 1953. 138 páxinas.
- Thesaurus Praeromanicus. I: Grundlagen für ein weitverbreitetes mediterranes Substrat, dargestellt an romanischen, baskischen und vorindogermanischen p-Suffixen. Berna (1963).
- Thesaurus Praeromanicus. 2: Probleme der baskischen Lautlehre und baskisch-vorromanische. Berna (1965).
- Die "asko-/usko-" Suffixe und das Problem des Ligurischen. París (1969).
Notas
editar- ↑ "Nachrufe". Zeitschrift für romanische Philologie (ZrP) (en alemán) 111 (4): 777–795. 2009. ISSN 1865-9063. doi:10.1515/zrph.1995.111.4.777.
- ↑ "Johannes Hubschmid". Auñamendi Eusko Entziklopedia.
- ↑ "Johannes Hubschmid". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johannes Hubschmid |
Bibliografía
editar- Baumer, I. (1995). "Johannes Hubschmid, (1916-1995)". Vox Romanica (54): 388–391.
nota necrolóxica
- "Dictionnaire historique de la Suisse" (en francés).