Johann Deisenhofer

Johann Deisenhofer, nado en Zusamaltheim o 30 de setembro de 1943, é un bioquímico alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1988.

Johann Deisenhofer
Non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1943 (80 anos)
LugarZusamaltheim Alemaña Alemaña
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadealemán / estadounidense
EtniaAlemaña
Actividade
Campobioquímica e biofísica
Alma máterSociedade Max Planck
Director de teseRobert Huber
Contribucións e premios
Coñecido porCristalografía e Fotosíntese
PremiosPremio Nobel de Química (1988)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou bioquímica no Sociedade Max Planck de Martinsried, onde se doutorou en 1974. Aquel mesmo ano ingresou neste centro, onde desenvolveu as súas investigacións científicas ata 1987, ano no cal aceptou a oferta do Instituto Médico Howard Hughes en Maryland e da University of Texas Southwestern Medical Center en Dallas.

Investigacións científicas editar

A partir de 1982, xunto a Robert Huber e Hartmut Michel, iniciou as súas investigacións no estudo da estrutura dun complexo de proteínas bacterianas chamado centro de reacción fotosintético. Este complexo de proteínas xa era coñecido como o elemento principal no inicio dun tipo sinxelo de síntese, o proceso que determina a cor verde das plantas e que fai que outros variados organismos convertan a enerxía luminosa en enerxía química.

Entre 1982 e 1985 os tres científicos utilizaron métodos cristalográficos mediante raios X para determinar a estrutura exacta dos máis de 10.000 átomos que compón o complexo desta proteína, conseguindo crear así a súa imaxe tridimensional. A súa investigación aumentou a comprensión xeral dos mecanismos da fotosíntese e revelou parecidos entre os procesos fotosintéticos de plantas e de bacterias.

En 1988 foi galardoado, xunto aos seus compatriotas Huber e Michel, co Premio Nobel de Química pola determinación da estrutura tridimensional do centro de reacción fotosintético.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Charles J. Pedersen,
Jean-Marie Lehn e Donald James Cram
Premio Nobel de Química
 

1988
con
Robert Huber e Hartmut Michel
Sucesor:
Sidney Altman
e
Thomas Cech