Joaquín Vázquez de Puga
Joaquín Daniel Vázquez de Puga Torres, nado en Cequeliños (Arbo) o 30 de setembro de 1820 e finado en 1878[1], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1820 Arbo, España |
Morte | 1878 (57/58 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFoi un importante propietario, tendo unha participación importante na desamortización, xa que adquiriu na provincia de Ourense rendas forais por un valor de 658.150 rs. das casas matrices de Melón e Oseira (1849) e do priorato de Reza do mosteiro de Melón (1850). Destacado político unionista durante o reinado de Isabel II, foi deputado provincial polo distrito da Cañiza en 1856. O seu poder baseábase no control sobre esa zona, e puxo a disposición de Elduayen no Sexenio as súas propias redes clientelares para que este fose deputado a Cortes. Foi deputado polo distrito de Vigo en 1865 e 1869 e polo de Verín en 1876. En 1872 foi elixido senador por Pontevedra, axudado polo elduayenismo. Foi contratista da MZOV como retribución polos seus servizos electorais.
Notas
editar- ↑ "Joaquín Vázquez de Puga en xenealoxia.org". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de agosto de 2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879) / Felipe Castro Pérez in Documentos de Traballo. Historia; 13