Abrir o menú principal

James Hagan, nado en Monkstown o 10 de agosto de 1956, é un ex-xogador e adestrador de fútbol de Irlanda do Norte.

Jimmy Hagan
Nacemento10 de agosto de 1956
 Monkstown, County Antrim
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónfutbolista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Comezou a súa carreira no Larne, equipo da liga irlandesa no ano 1974, o ano seguinte gañaría o galardón de xogador novo do ano na liga do Ulster. En 1977 é traspasado ao Coventry inglés, onde xogará 3 tempadas aínda que a causa das lesións non pode xogar apenas no Coventry e acaba sendo cedido. Comeza unha época de aventuras pasando polos Estados Unidos ou mesmo Hong Kong, despois das cales volvería a Inglaterra para xogar no Coventry outra vez e no Birmingham City.

Chega ao Celta de Vigo dende o Birmingham na tempada 1986-87, sendo unha peza importante da zaga no play-off de ascenso a Primeira División Española, tres anos despois e a idade de 33 anos abandona o Celta para volver ao equipo no que comezou, o Larne, de onde sairía para rematar a súa experiencia como xogador de campo no Oddevold sueco, pasando despois a desempeñar a función de adestrador-xogador no Ballyema United (1991-93), Carrick Rangers (1993-94), Larne (1994-95), Crusader (1995-96) e Coleraine.

No ano 2005 volveu adestrar ao equipo da súa vida, o Larne, pero foi cesado por a unha mala racha de resultados.

EquiposEditar

Véxase taménEditar