Jiidesh İdirisova
Jiidesh İdirisova (Жийдеш Идирисова) é unha cantante kirguiza. É coñecida por ser a vencedora do Festival de Türkvizyon 2015 coa canción "Kim Bilet"
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1985 (39 anos) Naryn (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Kirguizistán |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositora de cancións |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Carreira editar
Festival de Türkvizyon 2015 editar
İdirisova gañou a final naciónal de Kirguizistán para representar ao seu país no Festival de Türkvizyon 2015, en Istambul. Gañou fronte a outros sete candidatos, ela recibiu a puntuación máxima, 50 puntos.[1]
O 19 de decembro de 2015 participou no certame túrquico coa canción "Kim Bilet", fronte a outros 20 países. Os presentadores chamaron a todos os candidatos dende a última posición, así, antes de nomear ao gañador, quedaron dous países finalistas: Casaquistán e Kirguizistán. Gañou cunha puntuación de 194 puntos, nove máis que o segundo lugar. Tamén logrou a primeira vitoria do país no certame.[2]
Discografía editar
Sinxelos editar
Notas editar
- ↑ http://eurovoix-world.com/kyrgyzstan-jiidesh-idirisova-to-turkvizyon-2015/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.