Jethou é unha pequena illa que forma parte da Baía de Guernsey nas Illas da Canle[1][2] e que, administrativamente, forma parte da bailía[3] de Guernsey. Atópase na beira sur de Herm e ten unha área de aproximadamente 18 hectáreas. O 19 de outubro de 2015, o conxunto «Herm, Jethou e The Humps», con 1.802.9 has, foi declarado sitio Ramsar (n.º ref. 2277).[4]

Jéthou
Jethou desde St. Peter Port, Guernsey
Localización de Jethou
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
Dependencia da Coroa británica
ProvinciaBailía de Guernsey
ArquipélagoIllas da Canle
MarOcéano Atlántico
Coordenadas49°27′N 2°28′O / 49.450, -2.467.
Xeografía
Superficie0´1781 km²
Punto máis alto75 m.
Demografía
Poboación3 (1996)
Densidade17 hab./km²

Está flanqueada por dous illotes, Crevichon ao norte e Fauconniere ao sur. Hai unha casa na illa e dúas granxas, así como un amplo garaxe onde se gardan tractores e vehículos tales como quads. Alúgase privadamente, e non está aberta ao público.

Historia editar

 
Unha instantánea mostrando no centro Jethou xusto á beira do seu veciño máis grande Herm, con Sark no fondo e a costa leste de Guernsey.

Historia antiga editar

Hai evidencias de fabricación de sílex nunha zona exposta só en augas pouco profundas entre a illa e Crevichon que mostra a ocupación humana ao redor do 10.000 a.C.[5] Dise que no 709 d.C. unha tormenta arrasou a franxa de terra que conectaba a illa con Herm.[6]

Os viquingos chamaron á illa, Keitholm, que provén de "Keithou" ("un lugar de rugido") e "holm" ("illa").[7] O nome actual da illa contén o sufixo normando -hou, que significa "pequena illa" ou "outeiro pequeno".

En 1028, o duque Roberto de Normandía, cedeuna ao seu almirante Restald polos servizos prestados e, este, ao Mosteiro de Saint Michel.[7] Con varios cambios, permaneceu baixo o seu control até que, en 1414, Henrique V de Inglaterra suprimiu os mosteiros franceses nas illas e, como consecuencia, en 1416, pasou a formar parte da súa propiedadee aínda permanece como propiedade da Coroa, agora arrendada aos Estados de Guernsey. Na parte superior hai un poste cun letreiro no que a lenda indica que, en épocas anteriores, os piratas eran colgados nel con cadeas, así como en Crevichon.

Historia moderna editar

En 1867, o tenente coronel Montague Fielden converteuse no inquilino da illa e, pouco despois, foi descuberto usando a illa como almacén para o contrabando de augardente procedente de Francia.[7]

De 1920 a 1923 foi alugada polo novelista escocés Compton MacKenzie xunto con Herm e mantívose parte dese patrimonio durante anos, malia que actualmente forma parte doutro diferente. Durante a década de 1950 e 1960 estivo aberta ao público. Desde setembro de 1964 ata decembro de 1971, a illa foi ocupada pola familia Faed formada polo Sr. Angus Faed, a súa esposa Susan Faed e os seus catro fillos, Colin, Erik, Colette e Amanda. A señora Susan Faed foi o 22ª inquilina de Jethou. E dende 1970 pechouse.

En 1972, Charles Hayward fundador do Grupo de Empresas Firth Cleveland, comprou a illa á a Coroa e viviu alí coa súa esposa Elsie Darnell George ata a morte de Sir Charles en 1983.

Agora está alugada por Sir Peter Ogden da empresa de ordenadores TI.

Política editar

A diferenza das illas autónomas dentro da Bailía de Sark e Alderney, Jethou adminístrase na súa totalidade polos Estados de Guernsey,[8] e elixe aos membros dos Estados de Deliberación como parte da circunscrición electoral de St. Peter Port Sur.[9]

Notas editar

  1. Inglis 1844, p. 327.
  2. General Books LLC 2010.
  3. "Bailía". academia.gal. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  4. "Herm, Jethou and The Humps". rsis.ramsar.org (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  5. Cataroche 2012.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 07 de novembro de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Jethou History". bbc.co.uk (en inglés). 24 de setembro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  8. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de novembro de 2015. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12-03-2012. Consultado o 07-11-2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • BBC Pronouncing Dictionary of British Names (Oxford University Press, 1971) ISBN 978-0194311250
  • Cataroche, Jenny (2012). The History and Archaeology of Jethou (en inglés). Londres: L&C Press. ISBN 9781904332374. 
  • General Books LLC, ed. (2010). Islands of the Channel Islands: Jethou, Chausey, Casquets, Ortac, Burhou, Castle Cornet, Brecqhou (en inglés). General Books LLC. ISBN 9781156843284. 
  • Inglis, Henry David (1844). The Channel Islands of Jersey, Guernsey, Alderney, etc (en inglés). Londres: Whittaker & Company. 
  • Suffling, Ernest R. (2019). Jethou; or, Crusoe Life in the Channel Isles (ebook) (en inglés). Good Press. 

Ligazóns externas editar

Coordenadas: 49°27′N 2°28′O / 49.450, -2.467