Miguel Prado Patiño

político galego, exalcalde de Frades (A Coruña), exparlamentario do Parlamento de Galicia
(Redirección desde «Jesús Miguel Prado Patiño»)

Jesús Miguel Prado Patiño, nado en Papucín (Frades) en 1957, é un político galego do PPdeG.

Miguel Prado Patiño
Nacemento1957
Lugar de nacementoFrades
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Traballador autónomo ligado á banca. Entrou en política en 1979 como secretario do comité comarcal de AP e secretario local en Frades. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP á alcaldía de Frades e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, xa polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[1].


Predecesor:
Antonio Garea Gestal
  
Alcalde de Frades
 
1987 - 2012
Sucesor:
Roberto Rey Martínez

Notas Editar

  1. T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar