Antonio Garea Gestal

político galego

Antonio Teófilo Garea Gestal, nado en Ledoira (Frades) o 10 de outubro de 1942[1] e finado na Coruña o 3 de setembro de 2010[2], foi un político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Garea Gestal
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Ledoira, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Frades
1979 – 1987 – Miguel Prado Patiño → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Frades e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 presentouse por Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG e perdeu a alcaldía tras verse superado polo CDS, ante isto apoiou o acceso á alcaldía do candidato de AP Miguel Prado Patiño. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e logrou tan só unha acta de concelleiro, retirándose da primeira liña política ó final dese mandato. No 2003 regresou á palestra política como candidato PSdeG-PSOE e foi portavoz desta formación na oposición, pero abandonou o partido en 2007[3]. Nas municipais de 2007 presentouse polo Partido Galeguista pero non logrou representación[4].


Predecesor:
-
  
Alcalde de Frades
 
1979 - 1987
Sucesor:
Miguel Prado Patiño
  1. La Voz de Galicia, 10-10-1992, p.39.
  2. Pesar por el fallecimiento del ex alcalde de Frades Antonio Garea
  3. "El PSOE de Frades, sin representación tras la marcha de Garea y Pérez". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 03 de xaneiro de 2012. 
  4. "Antonio Garea presenta su lista en Frades por el Partido Galeguista". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 03 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar