Jesús Louzán Giráldez

empresario e político galego

Jesús Louzán Giráldez, nado cara a 1899 e finado no Porriño o 26 de maio de 1966,[1] foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaJesús Louzán Giráldez
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dono da empresa Manufacturas del Caucho J. L. G. Na República foi presidente da sociedade deportiva "El pedal" en 1934.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala destitución da xunta anterior, foi nomeado xefe local de Falange do Porriño en febreiro de 1937.[3] En abril de 1939 agrediu ao secretario do Xulgado do Porriño Luis Román Santaló Junquera.[4] Volveu ser nomeado xefe de Falange en agosto de 1939.[5] Foi nomeado alcalde do Porriño o 27 de xaneiro de 1940. Foi destituído polo gobernador civil o 25 de xaneiro de 1941, aínda que foi reintegrado novamente ao cargo ata o seu cesamento definitivo en novembro de 1941.[6]


Predecesor:
Marcial Peralba Fontáns
  
Alcalde do Porriño
 
1940 - 1941
Sucesor:
José González González

Vida persoal editar

Casou con Carmen Avendaño Pazo, e foi pai de María del Carmen, María del Rosario e Roberto Louzán Avendaño.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 27-5-1966, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 17-5-1934, p. 12.
  3. El Pueblo Gallego, 24-2-1937, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 13-4-1939, p. 7.
  5. El Pueblo Gallego, 23-8-1939, p. 5.
  6. Presas Sobrado, Adrián (2019). Elites políticas e poder local na Galicia urbana (1939-1951) (PDF) (Tese). Universidade de Vigo. pp. 190–194. Consultado o 15 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar