Jesús Garrote Nogueira

político galego

Juan Jesús Garrote Nogueira, nado cara a 1882 e finado en Nigrán o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJesús Garrote Nogueira
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Nigrán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Camareiro marítimo e militante do movemento obreiro dende 1898, foi encarcerado en varias ocasións. Foi fundador da Federación Juvenil Socialista en 1903. Militou no PSOE como membro da corrente terceirista. Foi elixido presidente da sociedade de xastres de Vigo afecta á UGT en maio de 1915.[1] Logo da escisión do PSOE, traballo na organización do PCE en Galicia. Dende 1924 foi secretario de organización e secretario político do raio comunista de Vigo. Participou no pleno do PCE de Pamplona en 1929. Formou parte da candidatura comunista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia da Coruña encabezada por José Silva Martínez.[2][3] Veciño de Vigo. Volveu ser candidato comunista nas eleccións a Cortes de 1933 pola provincia de Pontevedra.[4] Participou en mitins da campaña pro-estatuto na Estrada en xuño de 1936.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi detido o 22 de setembro. Esa mesma noite foi paseado nas Santinas (Nigrán), no km.48 hm.8 da estrada Pontevedra-Camposancos.[6]

Notas editar

  1. El Socialista, 27-5-1915, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 26-6-1931, p. 4
  3. Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 13-7-1931, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 19-11-1933, p. 14.
  5. El Pueblo Gallego, 16-6-1936, p. 11.
  6. "Intento de fuga de un detenido", El Pueblo Gallego, 24-9-1936, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar