Jesús Fojo Díaz

xornalista e político galego

Jesús Fojo Díaz, nado cara a 1899 e finado en Ortigueira o 6 de agosto 1969,[1] foi un xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaJesús Fojo Díaz
Biografía
Nacementoc. 1899 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Ortigueira, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ortigueira
1931 – 1936
← José María Peña FernándezAlfredo Rebollar Martínez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Voz de Ortigueira Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDavid Fojo Salgueiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavid Fojo Díaz Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi fundador e director de La Voz de Ortigueira. Amigo de Leandro Pita Romero, foi secretario da Federación Agraria de Ortigueira. Foi nomeado secretario da delegación en Ortigueira da Federación de sociedades de instrucción del partido judicial de Ortigueira da Habana en 1927.[2] Na Segunda República foi alcalde de Ortigueira. Foi nomeado deputado provincial polo distrito de Ortigueira-Ferrol en 1934 e elixido vicepresidente da Deputación da Coruña. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi destituído como alcalde de Ortigueira en marzo.


Predecesor:
José María Peña Fernández
  
Alcalde de Ortigueira
 
1931 - 1936
Sucesor:
Alfredo Rebollar Martínez

Vida persoal

editar

Casou con Carmen Salgueiro Salgueiro e foi pai de Vicente e David Fojo Salgueiro.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-8-1969, p. 22.
  2. Vida Gallega, 29-11-1927, p. 19.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9.