David Fojo Salgueiro
David Fojo Salgueiro, nado en Ortigueira en 1918 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1995, foi un impresor, editor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Ortigueira, España |
Morte | 2 de maio de 1995 (76/77 anos) Ortigueira, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, editor |
Empregador | La Voz de Ortigueira |
Familia | |
Pai | Jesús Fojo Díaz |
Premios | |
|
Traxectoria
editarFillo de Jesús Fojo Díaz, fundador e director de La Voz de Ortigueira, semanario que se imprimía nos propios talleres da imprenta Fojo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois pasou á Academia Militar de Zaragoza e foi militar. Nos anos 40 fíxose cargo do periódico do seu pai e cando faleceu en 1965 converteuse en director e propietario.
A imprenta Fojo foi o lugar onde se imprimiron -entre finais do século XIX e principios do XX- numerosos periódicos de distinta regularidade (semanal, decenal, mensual...) da comarca ortegana. Tamén foron impresos numerosos libros. A imprenta Fojo era ao tempo unha librería en Ortigueira.
Distincións
editarRecibiu a Medalla de bronce de Galicia en 1994.