Alfredo Rebollar Martínez
Alfredo Rebollar Martínez, finado en Serantes (Ferrol) o 30 de xullo de 1995[1], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1898 |
Morte | 30 de xullo de 1995 (96/97 anos) Serantes, España |
Alcalde de Ortigueira | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1936 - |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMilitou nas Irmandades da Fala e durante a Segunda República Española afiliouse a Izquierda Republicana. Participou no mitin de Mera en novembro de 1935 que abriu a campaña electoral do Partido Galeguista, xunto con Castelao, Vilar Ponte e Suárez Picallo. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ortigueira en marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de xullo por Lobo Navascués, tenente da Garda Civil, e encarcerado. Finou en Serantes con 97 anos.
Predecesor: Jesús Fojo Díaz |
Alcalde de Ortigueira 1936 |
Sucesor: Gonzalo Prieto Cao |
Vida persoal
editarEra irmán de Carmen Rebollar Martínez, quen casou en 1929 con Victoriano Taibo. Casou con Isabel Romero Leira.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-8-1995, p. 35.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9.