Jesús Calvo García
Jesús Antonio Calvo García, coñecido como Miñón, nado en Santiago de Compostela en 1915, foi un ferreiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 (108/109 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ferreiro , político |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Ferreiro, afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido o 20 de xullo de 1937.[1] Xulgado en consello de guerra por rebelión o 24 de agosto de 1937, o fiscal pediu a pena de morte,[2] finalmente foi condenado a cadea perpetua. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Antonio Tenreiro Leira e Adolfo Allegue Allegue.[3] Foi detido pola policía coruñesa en marzo de 1947. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Palencia, da que saíu en liberdade condicional en 1949.[4]
Notas editar
- ↑ El Eco de Santiago, 20-7-1937, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 24-8-1937, p. 2.
- ↑ BOE, 22-9-1948, p. 2154.
- ↑ BOE, 6-9-1949, p. 3878
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Jesús Calvo García na páxina web Nomes e Voces.