Jeffrey Nape
Jeffrey Nape, nado en 1964 e finado o 8 de xullo de 2016,[1] foi un político papúa que ocupou o cargo de Presidente do Parlamento de Papúa Nova Guinea desde o 28 de maio de 2004 até o ano 2012. Ao ocupar ese posto converteuse en dúas ocasións en Gobernador xeral interino, por estar este posto vacante concluído os mandatos de Bill Skate en 2004 e o de Paulias Matane en 2010.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 |
Morte | 8 de xullo de 2016 (51/52 anos) Port Moresby, Papúa Nova Guinea |
Governador-geral da Papua Nova Guiné (pt) | |
13 de decembro de 2010 – 20 de decembro de 2010 ← Paulias Matane – Michael Ogio → | |
Speaker of the National Parliament of Papua New Guinea (en) | |
13 de agosto de 2007 – 3 de agosto de 2012 | |
Speaker of the National Parliament of Papua New Guinea (en) | |
28 de maio de 2004 – 13 de agosto de 2007 | |
Governador-geral da Papua Nova Guiné (pt) | |
28 de maio de 2004 – 29 de xuño de 2004 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Papúa Nova Guinea |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Triumph Heritage Empowerment Rural Party (en) |
Premios |
Cesou como gobernador o 29 de xuño de 2004, ao ser nomeado Paulias Matane para o cargo. Despois das eleccións xerais de 2007, Nape volveu a ser elixido presidente do Parlamento o 13 de agosto do mesmo ano. Derrotou nunha votación ao candidato opositor, Bart Philemon, con 86 votos a favor e 22 en contra. Ese mesmo día foi confirmado no seu posto polo gobernador Matane.[2]
Como presidente do parlamento xogou un importante rol na crise constitucional de viviu Papúa Nova Guinea nos anos 2011 e 2012. O 2 de agosto de 2011 aceptou unha proposta da oposición para elixir un novo primeiro ministro ao considerar que o que había, Michael Somare, renunciara ao cargo ao ter que deixalo en mans de Sam Abal por unha enfermidade.[3] Peter O'Neill foi elixido primeiro ministro, mais Sam Abal recorreu a decisión aos tribunais e a Corte Suprema deulle a razón en abril de 2012 ao considerar a votación parlamentaria ilegal, ordenando que Somare volvese ao cargo. Nape negouse a cumprir esta orde do tribunal supremo ao considerar que O'Neill era o lexítimo primeiro ministro do país.[4] O gobernador xeral, Michael Ogio, si recoñeceu a Somare como primeiro ministro en cumrpimento da orde xudicial. Ante esta decisión, o parlamento suspendeu a Ogio do seu cargo o 14 de decembro, converténdose de forma automática Nape en gobernador xeral interino. Mais a raíña Isabel II non referendou a decisión e o parlamento finalmente acabou levantando a suspensión de Ogio o 19 de decembro.[5] A crise non se solucionou até a celebración das eleccións de xuño de 2012, coas que logo O'Neill acabaría sendo referendado no seu cargo.[6] Nape perdeu o seu escano nestas eleccións e deixou por tanto de ser presidente do Parlamento. Nestas eleccións foi acusado por un rival da súa circunscrición de tentar subornalo para que se retirara das eleccións e así Nape tivese máis opcións de gañar.[7]
Notas
editar- ↑ "Former PNG Parliament Speaker Jeffrey Nape dies". Papua New Guinea Today (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "PNG's speaker of parliament re-elected" (en inglés). 13 de agosto de 2007. Consultado o 17 de maio de 2010.
- ↑ "PNG chooses new prime minister". The Sydney Morning Herald (en inglés). 3 de agosto de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "Rival prime ministers square off in PNG". ABC News (en inglés). 13 de decembro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "End of PNG's GG suspension weakens Somare bid for power". RNZ (en inglés). 20 de decembro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "Peter O'Neill elected as PNG Prime Minister". RNZ (en inglés). 3 de agosto de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "PNG Speaker charged with bribery". ABC News (en inglés). 9 de xullo de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2023.