Michael Ogio

político papuano

Michael Ogio, nado o 7 de xullo de 1942 e finado en Port Moresby, o 18 de febreiro de 2017, foi un político papuano, Gobernador xeral de Papúa Nova Guinea desde o 20 de decembro de 2010 até o seu falecemento.[1][2] Foi líder do partido político Movemento Democrático Popular.

Infotaula de personaMichael Ogio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata
North Bougainville District, Papúa Nova Guinea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Port Moresby, Papúa Nova Guinea Editar o valor em Wikidata
Governador-geral da Papua Nova Guiné (pt) Traducir
25 de febreiro de 2011 – 18 de febreiro de 2017 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePapúa Nova Guinea Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPeople's Democratic Movement (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Chegou ao posto de gobernador xeral en 2010 tras a dimisión de Jeffrey Nape. Foi nomeado gobernador xeral de pleno dereito o 14 de xaneiro de 2011 cando superou a Pato Kakeraya nunha votación no parlamento papuano de 65 votos a favor e 23 en contra.[3] O 25 de febreiro foi investido no cargo oficialmente.[4] O 26 de abril de 2011 a raíña Isabel II concedeulle a honra de cabaleiro do Imperio Británico.[5]

Durante a crise constitucional que viviu Papúa Nova Guinea entre 2011 e 2012, foi suspendido do seu cargo polo Parlamento do 14 de decembro ao 19 de decembro ao recoñecer como primeiro ministro a Michael Somare no canto de Peter O'Neill, que ía en contra do que votara o parlamento, mais ía en cumprimento dunha orde do tribunal supremo, pois a votación da elección de O'Neill para primeiro ministro fora declarada ilegal polo mencionado tribunal supremo. Ía ser substituído, de forma automática, por Jeffrey Nape como gobernador interino, que era o presidente do parlamento, mais Isabel II non referendou a decisión e o Parlamento tivo que levantar a suspensión.[6]

Ogio faleceu o 18 de febreiro de 2017 en Port Moresby mentres aínda era gobernador con 74 anos. Theo Zurenoc substituíuno como gobernador xeral interino de Papúa Nova Guinea.

Notas editar

  1. "Papua New Guinea" (en inglés). Rulers.org. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  2. "PNG's Governor General Sir Michael Ogio dies" (en inglés). Papua New Guinea Today. 18 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  3. "January 2011" (en inglés). Rulers.org. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  4. "PNG's new governor general sworn in" (en inglés). Herald Sun. 25 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  5. "Notice: 1355835 (Issue: 59776)" (en inglés). The London Gazette. 6 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2014. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  6. "End of PNG’s GG suspension weakens Somare bid for power" (en inglés). RNZI. 19 de decembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2013.