Jean-Pierre Melville
Jean-Pierre Grumbach, coñecido como Jean-Pierre Melville, nado en París o 20 de outubro de 1917 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1973 foi un cineasta francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jean-Pierre Claude Grumbach 20 de outubro de 1917 9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 2 de agosto de 1973 (55 anos) 13.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien de Pantin (pt) |
Educación | Liceo Michelet |
Actividade | |
Ocupación | actor, produtor de cinema, guionista, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1945 - 1973 |
Familia | |
Irmáns | Jacques Grumbach |
Premios | |
|
Traxectoria
editarMelville era fillo de Berthe e Jules Grumbach,[1] xudeus alsacianos. Trala caída de Francia en 1940 durante a segunda guerra mundial entrou na resistencia francesa oposta aos nazis. Durante a guerra adoptou o pseudónimo Melville, polo seu escritor favorito, Herman Melville.[2]
Cando volveu da guerra intentou converterse en axudante de director, pero foi rexeitado. Sen este apoio decidiu dirixir os seus propios filmes e continuou a empregar Melville como nome artístico, chegando a ser un cineasta independente e propietario dun estudio.
Foi especialmente coñecido polos seus dramas criminais tráxicos e minimalistas, como Le Doulos (1962), Le Samouraï (1967) e O círculo bermello (1969), protagonizados por actores como Alain Delon, Jean-Paul Belmondo e Lino Ventura. A súa independencia e estilo de rodaxe foron unha grande influencia na nouvelle vague.
Melville faleceu en 1973 vítima dun infarto de miocardio.
Filmografía
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
1945 | Vingt-quatre heures de la vie d'un clown | Curtametraxe |
1949 | Le Silence de la mer | |
1950 | Les Enfants terribles | |
1953 | Quand tu liras cette lettre | |
1956 | Bob le flambeur | |
1959 | Deux hommes dans Manhattan | |
1961 | Léon Morin, prêtre | |
1962 | Le Doulos | |
1963 | L’Aîné des Ferchaux | |
1966 | Le Deuxième Souffle | |
1967 | Le Samouraï | |
1969 | O exército das sombras | |
1970 | O círculo bermello | |
1972 | Un flic |
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Breitbart, Eric (2006). "Call Me Melville". New England Review 27:3. pp. 174–183
- Montero, José Francisco, Jean-Pierre Melville. Crónicas de un samurái, Editorial Shangrila, Santander, 2014. https://web.archive.org/web/20150222153807/http://shangrilaediciones.com/pages/bakery/trayectos-libros-2-116.php
- Vincendeau, Ginette, Jean-Pierre Melville: An American in Paris, 2003, BFI Publishing, ISBN 0-85170-949-4
- Palmer, Tim, "An Amateur of Quality: Postwar Cinema and Jean-Pierre Melville's LE SILENCE DE LA MER," Journal of Film and Video, 59:4, Fall 2006, pp. 3–19
- Palmer, Tim, "Jean-Pierre Melville's LE SAMOURAI", in Phil Powrie (ed.) The Cinema of France, 2006, Wallflower
- Palmer, Tim, "Jean-Pierre Melville and 1970s French Film Style," Studies in French Cinema, 2:3, Spring 2003