Jean-Honoré Fragonard

pintor francés
(Redirección desde «Jean-Honore Fragonard»)

Jean Honoré Fragonard, nado en Grasse o 5 de abril de 1732 e finado en París o 22 de agosto de 1806, foi un pintor francés, un dos discípulos mais notábeis de François Boucher. Logo dun período de estudos na Italia volta ao seu país natal, iniciando un período de grande actividade. As súas obras mais coñecidas son "O Bico Furtivo" e "A randeeira".

Jean-Honoré Fragonard
Nacemento5 de abril de 1732
Lugar de nacementoGrasse
Falecemento22 de agosto de 1806
Lugar de falecementoParís
SoterradoSaint-Roch
NacionalidadeFrancia e Reino de Francia
Alma máterÉcole royale des élèves protégés, Academia da França em Roma e Escola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónpintor, gravador, debuxante, ilustrador e architectural draftsperson
CónxuxeMarie-Anne Fragonard
FillosAlexandre-Évariste Fragonard
Coñecido porA randeeira, The Lock e A Leitora
PremiosPrix de Rome
Na rede
Musicbrainz: 5f1d292b-c1c5-4e5c-9782-9e202137d1d4 Discogs: 2233994 WikiTree: Fragonard-1 Find a Grave: 6803 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Autorretrato
Les hasards heureux de l'escarpolette ("A randeeira"), óleo sobre tela de Jean Honoré Fragonard, pintado en 1767.

Traxectoria editar

Debuxante e retratista nacido en Grasse, considerado un dos derradeiros expoñentes do período rococó, caracterizado por unha arte alegre e sensual, e un dos máis antigos precursores do impresionismo. Estudou pintura en París e mudouse a Roma (1756), onde se impresionou coa obra de Giovanni Battista Tiepolo. Protexido do abade e amante das artes Richard de Saint-Non, viaxaran pola Italia pesquisando as obras dos grandes mestres ata que ambos fixaran a súa residencia en París (1761). A súa consagración veu coa presentación no Salón de París (1765) co enorme lenzo de tema tráxico, O sumo sacerdote Coreso sacrificándose para salvar a Calirroé, que foi adquirido polo rei Lois XV. Entrou na Academia Real (1765) e casou (1769) con Marie-Anne Gérard, e novamente viaxou a Italia, onde pintou unha serie de debuxos de vistas e paisaxes. Retornando a París (1773), reduciu a súa pintura de paisaxes con pequenas figuras, pasando a dedicarse a reprodución de escenas domésticas e sentimentais. Na última fase da súa vida, pobre e case esquecido, pintou escenas de amor e da natureza e morreu en París.

Véxase tamén editar