Javier Mascherano

futbolista arxentino

Javier Alejandro Mascherano, nado en San Lorenzo o 8 de xuño de 1984, é un exfutbolista arxentino que xogaba de centrocampista defensivo.

Javier Mascherano
Mascherano con Arxentina no Mundial de 2018.
Información persoal
Nome Javier Alejandro Mascherano
Nacemento 8 de xuño de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento San Lorenzo (Santa Fé)
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 River Plate 46 (1)
2005–2006 Corinthians 26 (0)
2006–2007 West Ham United 5 (0)
2007–2010 Liverpool 94 (3)
2010–2018 Barcelona 203 (1)
2018–2019 Hebei China Fortune 53 (0)
2019–2020 Estudiantes 10 (0)
Total 428 (2)
Selección nacional
2003–2004 Arxentina sub-20 22 (1)
2004-2008 Arxentina sub-23 18 (0)
2003–2018 Arxentina 147 (3)
Na rede
IMDB: nm4702940 Twitter: Mascherano Instagram: mascherano14 Olympic.org: javier-mascherano FIFA: 182372 UEFA: 104264 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Viviu en San Lorenzo (Arxentina). xogou desde mozo nas categorías inferiores do River Plate. En 2003 Mascherano empeza a xogar co primeiro persoal. Debuta na Primeira división da liga arxentina de fútbol o 3 de agosto de 2003 no partido River Plate 2-1 Nueva Chicago. Con River Plate proclamouse campión do Torneo Clausura en 2004.

Na Copa Libertadores 2005 marcou o seu primeiro gol oficial coa camiseta de River Plate nunha apilada fenomenal contra Olmedo de Ecuador facendo un dos mellores goles desa copa.

Durante ese ano, varios clubs europeos mostraron interese en fichar a Mascherano, pero finalmente faio Corinthians en 2005. Con este equipo gañou unha Liga brasileira.

Novamente cambia de club o 30 de agosto do ano 2006, é traspasado (xunto co tamén arxentino e xogador do Corinthians Carlos Tévez) ao West Ham United inglés, pola suma de 35 millóns de dólares. No club inglés non lle foi moi ben xa que o técnico non o convocaba a case ningún partido, de xeito inexplicable, provocando o desexo extremo do Jefecito a abandonar devandita entidade.

A fins do 2006, o Liverpool manifestou a súa intención de contratar a Mascherano, pero debido a que a regulamentación da FIFA prohibe a participación dun xogador en tres equipos nunha mesma tempada e Mascherano xa xogara no Corinthians e o West Ham United, o equipo de Anfield realizou un pedido ante a FIFA para poder dispor de Mascherano. O 31 de xaneiro do 2007, a FIFA outorgou o permiso logo de considerar as coincidencias nas tempadas do fútbol suramericano e europeo. Con todo, o Liverpool debeu esperar o visto e prace por parte da Premier League[1], que finalmente foi outorgado. Para rematar, debutou oficialmente no Liverpool ante o Sheffield United, o 24 de febreiro de 2007.

A finais de febreiro de 2008, asinou un contrato permanente con Liverpool FC ata 2012 pola cifra de 18 millóns de libras ($ 35 700 000), con todo, sendo un titular indiscutido, o 27 de agosto do 2010 o Liverpool FC asinou un acordo para o traspaso do xogador ao FC Barcelona de España pola cantidade de 24 de millóns de euros[2] para as 4 próximas tempadas, cobrando o xogador 5,5 millóns de euros ao ano máis incentivos.

Palmarés editar

River Plate
Corinthians
Barcelona

Notas editar

  1. FIFA GIVE MASCHERANO GO-AHEAD
  2. "O Barcelona pagou 24 millóns de euros pola fichaxe de Mascherano". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 25 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar