Javier Díaz Pérez

Javier Díaz Pérez, coñecido como Javi Díaz, nado no Rosal o 26 de maio de 1975, é un xogador galego de balonmán, que xoga de porteiro no Atlético Novás, da División de Honra Prata. Con máis de 30 anos de carreira, é o segundo xogador con máis partidos na historia da Liga ASOBAL, na que militou durante 23 campañas, sumando 650 encontros.

Infotaula de personaJavier Díaz Pérez
Biografía
Nacemento26 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
O Rosal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou profesionalmente en 1992, nas filas do desaparecido Octavio vigués. Posteriormente pasou polas filas do Chapela, o Teucro, o Teka Cantabria, o OAR A Coruña, o Octavio de novo, o Villa de Aranda, o Atlético Valladolid e o Cangas. No verán de 2023 despediuse da Liga ASOBAL como o segundo xogador con máis partidos na historia da competición (650), superado só por José Javier Hombrados.[1] Regresou entón ao seu Rosal natal, onde con 48 anos, fichou polo Atlético Novás, da División de Honra Prata.[1]

Clubs editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar