Jani Liimatainen
Jani Allan Kristian Liimatainen, nado en Kemi o 9 de setembro de 1980, é un guitarrista finés principalmente coñecido polo seu traballo na banda de power metal Sonata Arctica, da que foi un dos membros fundadores.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1980 (44 anos) Kemi, Finlandia |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | guitarrista, produtor musical, músico |
Período de actividade | 1996 - |
Membro de | Sonata Arctica The Dark Element (pt) Kotipelto & Liimatainen (en) Cain's Offering (pt) Altaria (en) Insomnium (pt) |
Xénero artístico | Heavy metal |
Instrumento | Guitarra |
Compañeiro profesional | Timo Kotipelto (pt) : Kotipelto & Liimatainen (en) |
Páxina web | janiliimatainen.net |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira musical aproximadamente aos 14 anos. O seu desenvolvemento musical baseouse principalmente na autoaprendizaxe, aínda que nos seus inicios recibiu algunhas leccións que lle serviron como base para desenvolver a súa técnica, moi influenciada por grupos como Dream Theater e Pain of Salvation e por guitarristas como Yngwie Malmsteen, Steve Vai e Mattias Eklundh.
Jani tamén formou parte de Altaria, grupo de power metal co cal gravou catro discos antes de abandonalo para dedicarse completamente a Sonata Arctica.
Debido ós seus "deberes civís" viuse obrigado a apartarse de Sonata Arctica e foi substituído, en principio temporalmente polo guitarrista Elias Viljanen. Porén, en maio de 2007 foi apartado definitivamente do seu posto na banda, aínda que isto non foi oficialmente confirmado ata o 6 de agosto.
Na actualidade mantén un novo proxecto xunto a Henrik Klingenberg, teclista de Sonata Arctica. Este recibe o nome de Graveyard Shift e trátase dun grupo de death metal melódico influenciado por grupos como In Flames, Soilwork e Strapping Young Lad. Ata o momento só se gravou unha demo de 4 pistas.
Este guitarrista novo demostrou ser un mozo virtuoso, que xunto a outras grandes novas promesas como Alexi Laiho, gravaron os seus primeiros discos comerciais pouco despois de cumpriren 18 anos.
Discografía
editar- Ecliptica (1999).
- Silence (2001).
- Winterheart's Guild (2003).
- Reckoning Night (2004).
- Unia (2007).
- Invitation (2003).
- Divinity (2004).