Janet McTeer

actriz británica

Janet McTeer, nada en Newcastle upon Tyne o 8 de maio de 1961,[1][2][3] é unha actriz inglesa, gañadora dun Globo de Ouro e dun Tony e candidata ao Óscar en dúas ocasións.

Janet McTeer
Janet McTeer Berlin 2015.jpg
Nacemento5 de agosto de 1961 e 8 de maio de 1961
 Newcastle upon Tyne
NacionalidadeReino Unido
Alma máterRoyal Academy of Dramatic Art
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema e actriz
PremiosLaurence Olivier Award, oficial da Orde do Imperio Británico, Theatre World Award e Tony Award for Best Actress in a Play
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacida en Newcastle upon Tyne, McTeer asistiu á Royal Academy of Dramatic Arts e comezou a súa carreira teatral de éxito co Royal Exchange Theatre despois de graduarse.[2] O seu traballo televisivo inclúe a produción da BBC de Nigel Nicolson Portrait of a Marriage protagonizada por Vita Sackville-West e a popular serie da ITV The Governor escrita por Lynda La Plante. Debutou na gran pantalla con Half Moon Street, un filme de 1986 baseado nunha novela de Paul Theroux, e apareceu na versión cinematográfica de 1992 de Wuthering Heights, protagonizado por Juliette Binoche e Ralph Fiennes, e en Carrington (1995) xunto a Emma Thompson e Jonathan Pryce.

En 1996, McTeer foi aclamada pola súa interpretación como Nora nunha produción de Henrik Ibsen no West End, de Casa de bonecas.[2] O ano seguinte, a produción pasou por Broadway e foi galardonada cun premio Tony.[4]

Mentres facía o espectáculo, McTeer foi entrevistada por Charlie Rose no seu programa da PBS, onde foi vista polo cineasta Gavin O'Connor, que estaba a traballar nun guión sobre unha nai solteira que viaxaba polo país coa súa filla preadolescente. Encantado pola actriz, decidiu que debía protagonizar o filme e cando os posibles produtores dubidaron do seu anonimato nos Estados Unidos, produciu o filme el mesmo. Tumbleweeds foi o filme favorito no Festival de Cinema de Sundance de 1999, e a interpretación de McTeer valeulle un Globo de Ouro á Mellor Actriz de Comedia ou Musical e unha candidatura ao Oscar á mellor actriz.[5]

Entre os créditos de McTeer inclúense Songcatcher con Aidan Quinn, Waking the Dead con Billy Crudup e Jennifer Connelly, o filme dogma The King is Alive con Jennifer Jason Leigh, The Intended con Brenda Fricker e Olympia Dukakis, Tideland escrito e dirixido por Terry Gilliam e As You Like It, dirixido por Kenneth Branagh. Tamén protagonizou a dramatización de Precious Bane de Mary Webb.[6]

Apareceu tamén nas series de televisión británica The Amazing Mrs Pritchard e Five Days, e como María, raíña de Escocia en Mary Stuart no West End de Londres. Protagonizou God of Carnage no West End xunto a Tamsin Greig, Ken Stott e Ralph Fiennes no Teatro Gielgud.[7] Foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2008.[8]

FilmografíaEditar

Ano Título Personaxe Notas
1986 Half Moon Street Van Arkady's Secretary
1988 Hawks Hazel
1991 I Dreamt I Woke Up Mysterious Woman/Lady of Lake/Journalist Curtametraxe
1992 Wuthering Heights Ellen "Nelly" Dean
1995 Carrington Vanessa Bell
1996 Saint-Ex Genevieve de Ville-Franche
1998 Velvet Goldmine Narradora Voz
1998 Populous: The Beginning Voces adicionais Voz
1999 Tumbleweeds Mary Jo Walker
2000 Waking the Dead Caroline Pierce
2000 Songcatcher Professor Lily Penleric, PhD
2000 King Is Alive, TheThe King Is Alive Liz
2002 Intended, TheThe Intended Sarah Morris
2005 Tideland Dell
2006 As You Like It Audrey
2011 Cat Run Helen Bingham
2011 Island Phyllis Lovage
2011 Albert Nobbs Hubert Page
2012 Woman in Black, TheThe Woman in Black Mrs Daily
2012 Hannah Arendt Mary McCarthy
2014 Maleficent Aurora vella (narradora)
2015 Angelica Anne Montague
2015 The Divergent Series: Insurgent Edith Prior
2015 Fathers and Daughters Carolyn
2016 Me Before You Camilla Traynor
2016 National Theatre Live: Les Liaisons Dangereuses Marquise de Merteuil
2016 Paint It Black Meredith
2016 The Exception Princess Hermine 'Hermo' Reuss of Greiz

NotasEditar

  1. "Ms Janet McTeer, OBE" Arquivado 10 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. Derbrett's People of Today. Consultado o 31 de decembro de 2015.
  2. 2,0 2,1 2,2 Whiting, Kate (19 de xaneiro de 2009). "Janet McTeer: A tall order's no trouble". Chester Chronicle. Consultado o 22 de maio de 2009. Janet was born in 1961 in Newcastle-Upon-Tyne, and started her career in acting on stage at the Royal Exchange Theatre. 
  3. Births, Marriages, & Deaths Index of England & Wales, 1916–2005; at ancestry.com
  4. League, The Broadway. "Janet McTeer – Broadway Cast & Staff – IBDB". 
  5. Essex, Andrew (17 de decembro de 1999). "Dixie Chick". Entertainment Weekly. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  6. "Janet McTeer (credits and biography)". The New York Times. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  7. De Jongh, Nicholas. "Carnage in the dark does not dim the acting", London Evening Standard, 26 de marzo de 2008.
  8. LondonGazette, núm. 58729, 14 de xuño de 2008

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar