Jan Alfons Keustermans
Jan Alfons Keustermans, nado en Antuerpen o 6 de maio de 1940, é un escultor, gravador e deseñador de moedas belga.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1940 (83 anos) Antuerpen, Bélxica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | medallista , escultor |
Traxectoria editar
Jan Alfons Keustermans cursou estudos artísticos no Instituto Nacional Superior de Belas Artes de Antuerpen, a súa cidade natal, e foi director da Academia Municipal de Belas Artes de Turnhout, na provincia de Antuerpen, ata o ano 2000.[1]
Keustermans iniciouse na escultura sobre madeira na restauración de edificios, e tamén sobre pedra, traballando con fabricantes de lápidas. Na súa primeira época elaborou varios obras de temática relixiosa en madeira, e os seus traballos escultóricos posteriores están feitos en materiais tan diversos como pedra azul, bronce, xeso, arxila, mármore ou poliéster, cos temas recorrentes do espido feminino e as composicións con múltiples figuras.[1]
Ademais da súa obra escultórica, en 1994 Jan Alfons Keustermans gañou un concurso convocado polo Ministerio de Facenda de Bélxica para crear un retrato do rei Alberte II (1993-2013) para o anverso das moedas de curso legal no país emitidas entre 1994 e 2001.[2] Con ocasión do cambio da unidade monetaria, en 1997 encargóuselle un deseño similar para a serie de moedas en euros que comezarían a cuñarse dous anos despois.[1][3]
Recoñecementos editar
Keustermans acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:[1]
- (1958) Premio Mistler.
- (1959) Premio Jussiant.
- (1960) Premio T. Van Lerius.
- (1960) Premio da Solidariedade, do Club XII (Academia de Antuerpen).
- (1961) Premio Janssens de Bareveke.
- (1962) Premio Familia Oppenheimer, do Club XII (Academia de Antuerpen).
- (1963) Premio Hendrickx, do Club XII (Academia de Antuerpen).
- (1964) Premio Bugatti.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Figuur in lover: Jan Alfons Keustermans". Kunst in de Stad (www.kunstindestad.be) 7 de novembro de 1985.
- ↑ Colaert, M. (1994). "Les nouvelles monnaies à l’effigie de S. M. le Roi Albert II". Revue belge de Numismatique. Vol.140. Páxinas 99-103.
- ↑ Moedas deseñadas por Jan Alfons Keustermans. Numista.com