James McDivitt

astronauta estadounidense

James Alton McDivitt, nado en Chicago o 10 de xuño de 1929, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Gemini 4 e Apollo 9.[1][2]

James McDivitt
JamesMcDivitt.jpg
Datos persoais
Nacemento10 de xuño de 1929
LugarChicago
Actividade
MisiónsGemini 4 e Apollo 9
Tempo no espazo14,12 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Medalla do Aire, Air Force Distinguished Service Medal, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

McDivitt graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Michigan en 1959 e ten un doutoramento honorario en ciencias astronáuticas pola mesma universidade en 1965. Ten tamén doutoramentos honorarios polas universidades de Seton Hall en 1969, de Miami en 1970 e Michigan oriental en 1975.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 4 e Apollo 9 como comandante en ambas e pasando un total de 14,12 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1972.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "McDivitt, James Alton" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1994). "JAMES A. MCDIVITT (BRIG. GENERAL, USAF RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar