Jairo Álvarez Gutiérrez

futbolista español

Jairo Álvarez Gutiérrez, coñecido deportivamente como Jairo, nado en Avilés o 21 de marzo de 1986, é un futbolista español. Xoga de media punta e o seu actual equipo é o Unión Deportiva Melilla.

Jairo
Información persoal
Nome Jairo Álvarez Gutiérrez
Nacemento 21 de marzo de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Avilés
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual UD Melilla
Carreira xuvenil
Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Oviedo B
2003 Oviedo 2 (0)
2004–2006 Sporting B
2006–2007 Sporting de Gijón 17 (2)
2007–2010 Deportivo B 12 (1)
2008Alavés (cedido) 10 (1)
2008–2009Lorca (cedido) 33 (2)
2010–2011 CF Palencia 21 (1)
2010–2012 Zamora CF 51 (8)
2012– UD Melilla
Selección nacional
2001–2002 España sub-16 5 (1)
2002 España sub-17 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Oviedo debutando en Segunda División en 2002.[1] Pasou ao xuvenil División de Honra do Real Sporting de Xixón e debutou co Real Sporting de Xixón B na tempada 2004-2005. Na tempada 2006-2007 debuta co primeiro equipo, e tras un bo ano ficha co Deportivo da Coruña.[2] Alterna o primeiro equipo coruñés co filial e en xaneiro marcha cedido ao Deportivo Alavés.[3] Ao finalizar o ano é cedido novamente, esta vez ao Lorca Deportiva CF.[4]

No verán 2012 fichou pola Unión Deportiva Melilla da Segunda División B de España.

Notas editar

  1. Argüelles, Imanol (3 de decembro de 2002). Jairo Alvarez Jugador del Oviedo "Lo que más me chocó fue jugar ante tanta gente". La Voz de Asturias (en castelán). (Entrevista). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2009. .
  2. "El Deportivo ficha al ex jugador del Sporting Jairo Álvarez". AS (en castelán). EFE. 20 de xullo de 2007. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  3. "El Alavés ficha a Cabrera y Jairo" Arquivado 20 de xuño de 2008 en Wayback Machine., El Correo, 1 de febreiro de 2008 (en castelán).
  4. "El Deportivo cede a Jairo al Lorca, de Segunda División B", Marca (en castelán).