Jacinto Lamosa Novas

sindicalista e político galego

Jacinto Manuel Lamosa Novas, nado en Bueu cara a 1884 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJacinto Lamosa Novas
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Serrador veciño de Beluso. Fundador da Sociedade El Progreso e presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva e José Seijas Camiña foron asasinados a madrugada do 7 de decembro. O cadáver de Jacinto Lamosa apareceu nas inmediacións do Cemiterio Municipal de Marín xunto co de Francisco Escáneo. Soterrado no Cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, e foi identificado o 27 de novembro de 1981. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar