Abrir o menú principal

Ivan Merz, nado o 16 de decembro 1896 en Banja Luka e morto o 10 de maio 1928, foi un universitario leigo croata beatificado polo Papa Xoán Paulo II o 22 de xuño de 2003 na súa visita a Banja Luka (Bosnia serbia).

Ivan Merz
Bl Ivan Merz u Bazilici Srca Isusova 13 rujna 2008.jpg
Nacemento16 de decembro de 1896
 Banja Luka
Falecemento10 de maio de 1928
 Zagreb
CausaDoenza infecciosa
NacionalidadeCroacia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Zagreb
Ocupaciónprofesor e filósofo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Acudiu a Academia Militar, onde só estivo tres meses, mobilizado durante a Primeira Guerra Mundial foi enviado á fronte italiana, alí o encontro co sufrimento, a dor e a morte reafírmano nas súas crenzas relixiosas, despois foi estudar filosofía a Viena de 1919 a 1920, Ivan Merz residiu dous anos en Francia, ata 1922, para estudar letras na Sorbona e no Instituto Católico de París. En 1923 leu a súa tese, L'influence de la liturgie sur les écrivains français.

En 1922 estableceuse en Zagreb como profesor de francés no Instituto da arquidiócese e fundador e presidente da Alianza das Aguias Croatas, organización católica inspirada na encíclica Ubi acano Dei de Pío XI que tiña 30.000 membros en 1928.