Ivan Řehák

medallista e deseñador de moeda eslovaco

Ivan Řehák, nado en Bratislava o 2 de setembro de 1954, é un medallista e deseñador de moeda eslovaco.[1]

Modelo:BiografíaIvan Řehák
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Bratislava, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Comenius de Bratislava Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ivan Řehák estudou Relevo de Escultura con Rudolf Pribiš na escola da Academia de Belas Artes e Deseño de Bratislava de 1973 a 1979.[2][3]

Řehák é docente no departamento de Arquitectura da facultade de Enxeñaría Civil da Universidade Técnica Eslovaca en Bratislava, cidade esta na que reside.[2]

Aínda que a súa obra abrangue tamén a pintura e o debuxo, o máis salientable das súas creacións está na medallística. Algunhas das súas medallas están dedicadas a personaxes como Rodolfo II de Habsburgo (2012), Galileo Galilei (2014), Arthur Conan Doyle (2014) ou Maximiliano II (2015), ou a temas como a capitalidade real de Praga (2013), a Ponte de Carlos (2014) ou a Catedral de San Vito (2014).[2][3]

Nas súas creacións utiliza a modo de sinatura as súas iniciais IR superpostas e estilizadas.[2]

 
Moedas dun euro eslovacas co anverso deseñado por Ivan Řehák

Como medallista participou nas exposicións internacionais da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) en países como Francia, Portugal, os Estados Unidos, Finlandia ou o Reino Unido.[3]

Řehák deseñou ademais varias moedas para a República Checa e para Eslovaquia. No primeiro caso é autor de senllas moedas conmemorativas de 200 coroas checas datadas en 2010, en tanto que para Eslovaquia foi o creador do anverso nacional das moedas dun euro e de dous euros circulantes, que comezaron a cuñarse en 2009, así como diversas emisións conmemorativas co valor facial en euros.[4]

O seu anverso da moeda de dous euros cuñada pola Casa da Moeda de Eslovaquia foi galardoado por Krause Publications co Premio Moeda do Ano de 2011 á mellor moeda comercial emitida en 2009.[5][6]

  1. "Ivan Řehák". ABART.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ivan Řehák". Mince na území Slovenska.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ivan Řehák". Prazska Mincovna.
  4. Moedas deseñadas por Ivan Řehák. Numista.com
  5. "Krause Publications Announces Coin of the Year Award Winners". En Coins Weekly. 17 de novembro de 2010.
  6. Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar