Iván Pozo

boxeador español

Iván Pozo, nado en Vigo o 26 de agosto de 1979, é un boxeador galego que pelexa na categoría dos peso mosca.

Infotaula de personaIván Pozo
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaflyweight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A pesar de inicios persoais difíciles, axiña se fixo un sitio no boxeo de nivel galego e estatal. En 2004 conseguía o campionato de España, título que revalidaba en setembro de 2005. En xullo de 2005 conseguía ademais o título de campión de Europa, fronte ao italiano Andrea Sarritzu, título que perdería posteriormente, en 2007, diante do mesmo púxil. En 2009 recuperouno ao derrotar aos puntos o francés Christophe Rodríguez. O árbitro parou a pelexa no noveno asalto, logo de que o francés lle abrise a cella involuntariamente a Pozo, e non lle parase de sangrar. O posuidor do título, o tamén francés Bernard Inom, non quixo defendelo tras a súa retirada do boxeo[1].

Combateu por primeira vez polo título mundial dos peso mosca da Organización Mundial do Boxeo contra o arxentino Omar Narváez, o 9 de maio de 2008, no pavillón das Travesas de Vigo. O combate, a doce asaltos, rematou coa retirada do galego antes de comezar o oitavo[2], e non puido pois lograr o cetro de campión do mundo. De momento ningún galego o conseguiu.

Está representado por Lorenzo Sanz, é amigo persoal do futbolista Míchel Salgado, e o seu promotor é o personaxe televisivo español Kiko Matamoros. O seu adestrador é Francisco Amoedo.


Predecesor:
Andrea Sarritzu
 Campión de Europa de boxeo
peso mosca
 
2005
Sucesor:
Andrea Sarritzu
Predecesor:
Bernard Inom
 Campión de Europa de boxeo
peso mosca
 
2009-
Sucesor:
retén o título

Notas editar