Isaac Maceiras
Isaac Ventura Maceiras Rivas, nado na Pobra do Caramiñal o 7 de decembro de 1949, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1949 (74 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Alcalde da Pobra do Caramiñal | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Pobra do Caramiñal |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarEstudou no Pósito da Pobra ata o bacharelato, e rematou a súa formación en Vigo. Foi comercial en La Onza de Oro e Galicia Calidade. En 1979 foi elixido concelleiro na Pobra do Caramiñal pola UCD, sendo tenente de alcalde de Segundo Durán. En 1995 volveu á política encabezando a candidatura do PPdeG, quedando un concelleiro por detrás do PSdeG e pasou a liderala oposición. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Pobra do Caramiñal e nesta ocasión foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta[1]. En outubro de 2014 anunciou que non se presentaría á reelección no 2015[2], polo que en xuño dese ano abandonou a alcaldía.
Predecesor: Ramón Rego Mieites |
Alcalde da Pobra do Caramiñal 1999 – 2015 |
Sucesor: Xosé Lois Piñeiro García |
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- blog de Isaac Maceiras
- Entrevista Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego