Irene Miguel-Aliaga

científica española

Irene Miguel Aliaga nada en Barcelona en 1973,[1] é unha investigadora española especialista en bioloxía do desenvolvemento residente en Inglaterra, profesora de xenética e fisioloxía no Imperial College de Londres. Investiga a plasticidade dos órganos adultos e por que certos órganos cambian de forma en resposta aos cambios ambientais.[2][3] Foi elixida membro da Royal Society en 2022, converténdose, xunto con Carola García de Vinuesa, nas primeiras científicas de orixe española en ingresar nesta institución.[1]

Infotaula de personaIrene Miguel-Aliaga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - título de grao (1991–1997)
Universidade de Oxford
Universidade de Linköping (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , xenetista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorImperial College London (2012–)
Department of Zoology, Cambridge University (en) Traducir (2008–2012)
Instituto Francis Crick (pt) Traducir (2005–2008)
Facultade de Medicina Harvard, investigadora pós-doutoral (pt) Traducir (2001–2004)
MRC London Institute of Medical Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webimperial.ac.uk… Editar o valor em Wikidata
Twitter: flygutlab Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irene Miguel-Aliaga creceu en Barcelona estudou bioquímica na Universidade Autónoma de Barcelona e doutorouse en xenética pola Universidade de Oxford,[4] supervisada por Kay Davies en modelos invertebrados de enfermidades humanas.

Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos para realizar unha investigación posdoutoral, uníndose ao laboratorio de Stefan Thor na Universidade de Harvard e máis tarde na Universidade de Linköping en Suecia onde caracterizou as neuronas de Drosophila. Recibiu unha bolsa Marie Skłodowska-Curie Actions e uniuse a Alex Gould no Instituto Nacional de Investigacións Médicas, onde estudou a especificación das neuronas produtoras de insulina que inervan o intestino.[5] Regresou a Londres e en 2008 Miguel-Aliaga comezou a súa carreira investigadora independente na Universidade de Cambridge. Foi nomeada Wellcome Trust Career Development Fellow e finalmente uniuse ao Imperial College London.[5] Alí, é profesora de xenética e fisioloxía.[5]

Investigación xenética editar

Miguel-Aliaga interesouse polo desenvolvemento das neuronas e do sistema nervioso, a diversificación neuronal e as neuronas do intestino.[1]{" Temos 500 millóns de neuronas no intestino, afirma (...) Trátase de ver como o intestino contrólanos a fisioloxía, o metabolismo, o comportamento ".[1]

Investiga a plasticidade dos órganos humanos e, en particular, como os cambios ambientais afectan aos órganos adultos plenamente desenvolvidos.[6] Para comprender estes procesos, fai uso do tracto gastrointestinal,[7] xa que permite estudar como un órgano detecta sinais do seu medio interno e externo.[6] Para comprender mellor o significado funcional de varios órganos, comparou o epitelio intestinal de homes e mulleres. Identificou que os diferentes sexos biolóxicos demostran diferentes comunicacións cerebro-intestino, especialmente durante a produción e formación de tumores [8] Como parte deste traballo, o seu grupo identificou as vías de comunicación que existen entre o tracto gastrointestinal e outros órganos. Seguiu utilizando o organismo modelo da mosca Drosophila, xa que comparte máis do 60% dos seus xenes cos humanos.[8]

Premios e recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ricart, Marta (5 de xuño de 2022). "“El intestino masculino y el femenino son distintos”". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2022. “Sí, tenemos 500 millones de neuronas en el intestino”,afirma(...)Se trata de ver cómo el intestino nos controla la fisiología, el metabolismo, el comportamiento” 
  2. "Publicacións de Miguel-Aliaga en Europe PMC". europepmc.org. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  3. "Miguel-Aliaga Lab: Gut Signalling and Metabolism". 
  4. Miguel-Aliaga, Irene (2000). Spinal muscular atrophy: of flies, worms and men. (Tese) (en English). Universidade de Oxford. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Professor Irene Miguel-Aliaga". Imperial College London. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Good, Web Made. "Research" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-10. 
  7. "Gut Signalling and Metabolism Research Group". LMS London Institute of Medical Sciences (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "LMS Scientist Irene Miguel-Aliaga elected a Fellow of the Royal Society". LMS London Institute of Medical Sciences (en inglés). 10 de maio de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  9. "EMBO Member Irene Miguel-Aliaga". EMBO. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  10. "Fellow: Professor Irene Miguel-Aliaga". The Academy of Medical Sciences. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  11. "Irene Miguel-Aliaga". Royal Society. 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  12. "Mary Lyon Medal 2022 - Prof Irene Miguel-Aliaga". The Genetics Society (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2022.