Fotopsina

proteínas que se encontran nas células cono da retina
(Redirección desde «Iodopsina»)

As fotopsinas (tamén chamadas opsinas dos conos) son proteínas que se encontran nas células cono da retina, que funcionan como moléculas fotorreceptoras que son a base da visión en cor. Na retina dos polos hai un sistema de pigmentos visuais dos conos chamado iodopsina, que é un análogo próximo da púrpura visual ou rodopsina dos bastóns. As fotopsinas e iodopsinas constan dun compoñente proteico unido a un cromóforo, que é o retinal.

Espectro de absorción normalizada das tres fotopsinas humanas e da rodopsina humana (en liña descontinua).

Función

editar

As fotopsinas son un tipo de opsinas. As opsinas son receptores acoplados á proteína Gn-x da familia das proteínas retinilideno. A isomerización do 11-cis-retinal a todo-trans-retinal causada pola luz induce un cambio conformacional na proteína que activa a fotopsina e promove a súa unión á proteína G transducina, a cal desencadea unha fervenza de segundo mensaxeiro.

As diferentes fotopsinas difiren nuns poucos aminoácidos e absorben luz a diferentes lonxitudes de onda como pigmentos unidos ao retinal.

Tipo de cono Nome Rango Lonxitude de onda pico[1][2]
S (OPN1SW) - "tritan", "cyanolabe" β 400–500 nm 420–440 nm
M (OPN1MW) - "deutan", "chlorolabe" γ 450–630 nm 534–545 nm
L (OPN1LW) - "protan", "erythrolabe" ρ 500–700 nm 564–580 nm

Nos humanos hai 3 iodopsinas (análogos da rodopsina) que conteñen os complexos pigmento-proteína fotopsina I, II, e III. Os 3 tipos de iodopsinas denomínanse erythrolabe (fotopsina I + retinal), chlorolabe (fotopsina II + retinal), e cyanolabe (fotopsina III + retinal), respectivamente.[3] Estas fotopsinas teñen unha absorción máxima para a luz vermella ["erythr"-vermello] (fotopsina I), verde ["chlor"-verde] (fotopsina II), e violeta azulada ["cyan"-violeta azulado] (fotopsina III).

Historia

editar

George Wald recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1967 polos seus experimentos feitos na década de 1950 que mostraron a diferenza en absorbancia das fotopsinas.

  1. Wyszecki, Günther; Stiles, W.S. (1982). Color Science: Concepts and Methods, Quantitative Data and Formulae (2nd ed.). New York: Wiley Series in Pure and Applied Optics. ISBN 0-471-02106-7. 
  2. R. W. G. Hunt (2004). The Reproduction of Colour (6th ed.). Chichester UK: Wiley–IS&T Series in Imaging Science and Technology. pp. 11–12. ISBN 0-470-02425-9. 
  3. Rushton, W. A. H. (1 June 1966). "Densitometry of pigments in rods and cones of normal and color defective subjects" (PDF). Investigative Ophthalmology 5 (3): 233–241. PMID 5296487. Consultado o 2006-11-14. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar