Internacional de Federacións Anarquistas

A Internacional de Federacións Anarquistas (IFA) é unha organización específica anarquista de carácter transnacional fundada en 1968. O seu obxectivo é contrarrestar o poder do Estado e o capitalismo na era da globalización, construíndo e fortalecendo estruturas anarquistas internacionais efectivas. A organización xurdiu dunha conferencia internacional de anarquistas en Carrara, Italia, participando as tres federacións existentes naquel momento a nivel europeo: Federazione Anarchica Italiana (Italia), Fédération Anarchiste (Francia) e Federación Anarquista Ibérica (España e Portugal), á que se sumou a Federación de Bulgaria, no exilio Francia. A IFA mantén contactos con outras organizacións de ideoloxía anarquista, como a Asociación Internacional dos Traballadores, anarcosindicalista.

Internacional de Federacións Anarquistas

Tipofederação anarquista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaanarquismo Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1968 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBi-f-a.org Editar o valor en Wikidata
Correomailto:secretariat@i-f-a.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: InternationalOfAnarchistFederations Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A organización baséase nos principios do federalismo, o acordo libre e a axuda mutua, e conta cun secretariado internacional chamado Comisión de Relacións Internacionais das Federaciones Anarquistas (CRIFA), que é rotatorio entre as federacións nacionais afiliadas á IFA.

Federacións da IFA

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar