Interkosmos 7
Interkosmos 7 (Интеркосмос 7 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de xuño de 1972 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]
Interkosmos 7 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 1972, 5:58 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre.[2] |
Decaemento | 5 de outubro de 1972[1] |
NSSDC ID | 1972-047A |
Masa | 375 kg[6] |
Características
editarInterkosmos 7 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Continuou as investigacións de Interkosmos 1 e Interkosmos 4, e os datos enviados foron correlacionados cos obtidos co Prognoz 2.[2]
Interkosmos 7 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, ademais de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca.[2]
Foi inxectado nunha órbita inicial de 568 km de apoxeo e 267 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 5 de outubro de 1972.[1][2][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 7" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 7" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ "Letter dated 28 August 1972 from the First Deputy Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (72-16906). 30 de agosto de 1972: 2. A/AC.105/INF.254. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 7" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 1, 4, 7, 11, 16 (DS-U3-IK)" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-U3-IK" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ "INTERCOSMOS-7", EN VUELOS ORBITALES" (PDF). 1 de xullo de 1972: 53. ABC. Consultado o 1 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sylwester, J.; Sylwester, B.; Jakimiec, J.; Tomczak, M.; Mandelstam, S. L.; Zhitnik, I. A.; Korneev, V. V. (1984). "Analysis of Intensity Ratio for MG XII LY Components from Intercosmos 7 Observations (short Abstract)". Eighth International Colloquium on Ultraviolet and X-ray Spectroscopy of Astrophysical and Laboratory Plasmas, Proceedings of IAU Colloq. (86): 154. Consultado o 1 de decembro de 2012.